Avisos

Por ejemplo, 30-04-2025
Por ejemplo, 30-04-2025
Jueves, 4 julio, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, abre o prazo para inscribirse nas actividades terapéuticas de verán que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro durante os meses de xullo e agosto. As actividades de ioga e pilates impartiranse en horario de mañá, mentres que a actividade de aquagym será en horario de tarde. A actividade de aquagym é gratuíta. Tan só hai que achegarse as piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e participar, mentres para participar nas actividades de pilates e ioga hai que aboar 6 euros ao mes.
Miércoles, 3 julio, 2019
O Concello de Ames informa que a circulación pola estrada CP-0203, que une Bertamiráns e Augapesada, permanece cortada por mor dun accidente automobilístico que se produciu esta mañá. Está previsto que a circulación por dita estrada volva á normalidade arredor das 15.00 horas desta tarde.
Miércoles, 3 julio, 2019
Hoxe remata o prazo de inscrición para participar nalgún dos dous cursos organizados pola Concellaría de Mocidade, a través da Oficina municipal de información xuvenil, para o mes de xullo. As formacións, que se impartirán na Aula de Informática do Milladoiro, xirarán en torno á busca de emprego na rede e á figura do community manager. As persoas interesadas en participar aínda están a tempo de inscribirse antes das 23.59 deste mércores, 3 de xullo, enviando a ficha de inscrición dispoñible ao pé deste aviso ao enderezo omix@concellodeames.gal, na que deberán indicar o curso no que están interesados.
De Viernes, 28 Junio, 2019 hasta Viernes, 5 Julio, 2019
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 28 junio, 2019
O Concello de Ames achega información de interese sobre os campamento municipais de verán: Mar de Arousa, Galipark multiaventura e Fragas do Eume.
Miércoles, 26 junio, 2019
Dende a Concellaría de Educación comunícase ás familias usuarias da Escola de Verán no CEIP A Maía que, o espazo de comedor (onde se realizan as actividades deste programa) trasladarase dende o 1 de xullo á sala de usos múltiples (biblioteca do CEIP) habilitada no centro escolar. Desculpen as molestias.
Martes, 25 junio, 2019
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de usuarios/as admitidos/as no programa Escola de verán. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.
De Lunes, 24 Junio, 2019 hasta Viernes, 28 Junio, 2019
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
De Jueves, 20 Junio, 2019 hasta Viernes, 5 Julio, 2019
O Concello de Ames abre o proceso de matrícula dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2019-2020. Deberán matricularse os nenos e as nenas de novo ingreso nestes servizos, que xa cursaran a solicitude de preinscrición no prazo fixado para este fin e que consten como admitidos/as na listaxe correspondente. O prazo de matrícula estará aberto do 20 de xuño ao 5 de xullo de 2019.
Martes, 18 junio, 2019
Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole, Tardes divertidas, así como do programa de psicomotricidade, que o cobro do recibo do mes de maio realizarase o día 26 de xuño de 2019.