Avisos

Por ejemplo, 29-04-2025
Por ejemplo, 29-04-2025
De Viernes, 14 Junio, 2019 hasta Viernes, 21 Junio, 2019
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares (almorzo, xantar e merenda) e das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Tamén se ofrecen suxestións para as ceas. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 13 junio, 2019
O Concello de Ames informa sobre o resultados do sorteo de prazas da Escola Municipal de Música de Ames feito o mércores, 12 de xuño, ás 20:30 horas. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.
Miércoles, 12 junio, 2019
O Concello de Ames informa das listas definitivas de solicitudes admitidas para os servizos complementarios (Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas) de cara ao curso 2019-2020. Tamén se publica a listaxe coas puntuacións das solicitudes do servizo de comedor e información de interese sobre o trámite de matrícula (curso 2019-2020).
Miércoles, 12 junio, 2019
O Concello de Ames informa de que xa se poden consultar as listaxes definitivas de admitidos/as no proceso de renovación de prazas dos servizos complementarios de Educación para o curso 2019-2020.
De Viernes, 7 Junio, 2019 hasta Viernes, 14 Junio, 2019
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares (almorzo, xantar e merenda) e das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Tamén se ofrecen suxestións para as ceas. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 7 junio, 2019
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuarios/as admitidos/as no programa Escola de verán. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as listas de Bertamiráns e Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.
Jueves, 6 junio, 2019
O Concello de Ames vén colaborando nos últimos anos con FEUGA co obxectivo de ofrecer prácticas para titulados/as en xornalismo e filoloxía galega. Coa titorización de técnicos/as municipais (os responsables das prácticas) os/as bolseiros/as coñecen, por tempo de cinco meses ata un máximo dun ano, o funcionamento dun gabinete de comunicación municipal e do servizo de normalización lingüística.
Jueves, 6 junio, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que dende o 17 de xuño ata o 15 de setembro (incluídos) as bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro abriran de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Ademais, a aula de estudo da Casa de Cultura de Bertamiráns abrirá do 17 de xuño ao 15 de setembro (incluídos), de luns a venres de 8.00 a 14.00 horas.
Miércoles, 5 junio, 2019
O Concello de Ames, no seu esforzo por mellorar os índices de emprego e emprendemento, continúa traballando en diferentes programas, medidas e iniciativas, tanto de xeito individual como en colaboración con outros concellos da comarca. Na experiencia acumulada xestionando políticas activas de emprego (obradoiros, programas integrados, etc.), así como outras iniciativas, reflíctese a efectividade da formación para o emprego combinada coas prácticas non laborais nos resultados de inserción entre os participantes. A través do contacto permanente co tecido empresarial da comarca, detéctanse sectores, empresas ou liñas de actividade con potencial de contratación.
De Miércoles, 5 Junio, 2019 hasta Jueves, 6 Junio, 2019
O Concello de Ames adoptou a decisión de suspender a andaina saudable organizada para este xoves, 6 de xuño, en Bertamiráns por razóns climatolóxicas. Tíñase previsto que a actividade comezase ás 17.30h con saída dende o centro de Saúde de Bertamiráns. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.