Solapas principales

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal de O Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención al público:
      • Invierno: (16 de septiembre al 15 de junio)
      • De Lunes a Viernes: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verano: (16 de junio a 15 de septiembre)
      • De Lunes a Viernes: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
Otros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funciones:
    • Reunir, organizar y poner a disposición de la comunidad un conjunto equilibrado de materiales bibliográficos, gráficos, audiovisuales o en otros soportes, que permitan el acceso a la información y a ahondar en los distintos campos del conocimiento.
    • Ser en sí misma el centro básico de información del área a la que sirve.
    • Promover, estimular y fomentar el uso de sus fondos entre la ciudadanía, mediante los servicios necesarios y las actividades educativas y culturales complementarias, incidiendo en la población infantil y juvenil y en los colectivos de usuarios/as con características especiales.
    • Cooperar con las demás bibliotecas mediante el intercambio de información, préstamo interbibliotecario y realización conjunta de actividades.
  • Normativa:

-Reglamento de la Biblioteca Municipal de Ames

  • Ley de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo de la Biblioteca.

-Guía de la Biblioteca.

-Inscripción en la biblioteca.

  • Centros de interés:

-Descargar PDF.

  • Secciones por edades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Noticias del departamento

Este xoves, 13 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns un novo encontro literario, organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. Desta volta, o protagonista será o autor Xelís de Toro, que presentará a obra “Etceteramente”, editada por Xerais.

As bibliotecas municipais de Ames pechan o mes de marzo cun novo encontro literario. Nesta ocasión presentarase o libro “El eco de tu voz”, de Juan Galán. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns este xoves 30, ás 20:00 horas. Acompañará ao autor o historiador e profesor da USC Francisco Leira Castiñeira, nun acto que estará presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González.

O departamento de Bibliotecas amesán organiza o terceiro encontro literario do curso 2022-2023, no que o historiador e escritor ourensán Xosé Manoel Núñez Seixas presentará o seu último traballo, “Volver a Stalingrado”. Será este xoves 13 de outubro ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Acompañará ao autor Víctor Fernández Freixanes, escritor e presidente da Real Academia Galega, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

Os departamentos de Bibliotecas e de Normalización Lingüística amesáns preparan, co gallo da celebración do Día do Libro este sábado 23 de abril, unha serie de propostas ao longo de todo o día no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ao mediodía, ás 12:00 horas, presentarase a compilación dos textos gañadores da edición de 2021 do Certame Literario de Ames. Xa pola tarde, o pazo acollerá dúas sesións de contacontos para público infantil, de 17:30 a 19:30 horas, e outra para as persoas adultas, a partir das 19:30 horas, con servizo de conciliación incluído. Ademais, será o último día para participar no sorteo de 800 euros en vales para catro librarías amesás.

O Concello de Ames, a través dos departamento de Bibliotecas, Normalización Lingüística e Cultura, presentou esta mañá a programación especial co gallo da celebración do Mes do Libro. Este ano está formada por obradoiros, sesións de contacontos, concursos, teatro e encontros literarios. As actividades, que comezan o vindeiro martes, 2 de abril, estenderanse ata o sábado 20. A presentación de dita programación realizouse esta mañá na Biblioteca de Bertamiráns por parte do alcalde e concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Blas García, e por persoal do departamento de Bibliotecas, Mercedes Regueira. Premendo nesta ligazón podes descargar a programación completa.

Co gallo do mes do libro, celebrado en abril cunha programación especial do departamento de Bibliotecas amesán, púxose en marcha un concurso infantil de debuxo sobre o libro e a lectura, ao que a rapazada puido presentar os seus mellores deseños con esta temática. Neste senso, xa se coñecen as dúas gañadoras nas categorías de 6 a 9 anos, e na de 10 a 12 anos. Ambas recibiron esta semana un lote de libros, e as súas creacións volverán en forma de marcapáxinas no Día da Biblioteca, o próximo 24 de outubro.

1.300 papeletas repartiron as bibliotecas municipais de Ames entre cinco librarías de Milladoiro e Bertamiráns para que os seus clientes opten a participar nun sorteo de 40 premios de 25 euros que poderán trocar por libros. A actividade está tendo unha gran acollida entre a veciñanza amesá e valorase moi positivamente por parte dos libreiros/as. O sorteo, que da continuidade ao xa celebrado no Nadal, forma parte do conxunto de accións que as bibliotecas de Ames están levando a cabo este mes de abril para celebrar o “Mes do libro en Ames” e que inclúen obradoiros, presentacións e un concurso de debuxo.

O Pazo da Peregrina acolle este venres, 16 de abril, ás 17.30 horas, a presentación do libro “O soño de Liam”, de David Navarro Brugal. A concelleira de Cultura acompañará ao autor na presentación desta obra que fala dos soños e do espírito de superación dun rapaz afeccionado ao baloncesto. O acto encádrase dentro da programación especial que co gallo do mes do libro están levando a cabo as bibliotecas municipais de Ames.

O acto terá lugar no Pazo da Peregrina, o xoves 15 de abril, ás 20:00 horas, coa presenza das autoras, a concelleira de Cultura de Ames, Natividade González, e a vicepresidenta da Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega, Anna R. Figueirido. Maria López Sández e Marilar Aleixandre escribiron conxuntamente este libro no que se afonda na vida e na obra de dona Emilia Pardo Bazán, prestando especial fincapé aos aspectos do seu pensamento feminista. A entrada ao acto é gratuíta e libre até completar o aforo limitado que, por mor da loita contra a pandemia, se aplica neste tipo de eventos.

As bibliotecas municipais de Ames inician o mes do libro cun novo encontro literario. Nesta ocasión presentarase o libro “As malas mulleres” de Marilar Aleixandre. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns este mércores 12 de abril, ás 20:00 horas. A autora estará acompañada por María López Sández, Académica da RAG, autora e profesora universitaria.

Eventos del departamento

Hoxe, martes 5 de xaneiro, as animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández, levarán a cabo o contacontos infantil  "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".  Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca.

Hoxe, 3 de marzo, as animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández, levarán a cabo o contacontos infantil  "Galo Quirico".  Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de Facebook da biblioteca.

Hoxe, mércores 30 de decembro, as animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández, levarán a cabo o contacontos infantil  "O abeto".  Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca.

Hoxe, 13 de xaneiro, as animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández, levarán a cabo o contacontos infantil  "Veo veo un caracol".  Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca.

Hoxe,mércores 9 de decembro, as animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández, levarán a cabo o contacontos infantil  "Rato moi alto e rato moi baixo. Contos de ratiños".  Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca.

Hoxe, luns 7 de decembro, Vero Rilo levará a cabo o contacontos para adultos "Arrolando as frores".  Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca.

Hoxe, xoves 10 de decembro, Vero Rilo levará a cabo o contacontos para adultos "Arrolando as frores".  Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca.

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía e, polo tanto, as bibliotecas teñen organizadas unha serie de actividades relacionadas. O venres 12 de marzo, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, proxectarase a obra “Vértice de Versos” de Carlos Lorenzo, autor deste documental, coa participación da poeta Emma Pedreira. A peza audiovisual repasa os últimos anos da poesía galega até a actualidade. Emma Pedreira é unha das autoras citadas no documental e acompañará o coloquio posterior á proxección con versos propios e coa súa experiencia vital no mundo da poesía.

Obradoiro organizado polo departamento de Bibliotecas no que os nenos e nenas converteranse en personaxes dun conto por un día. Desenvolverase o luns 24 de febreiro ás 11.30 horas na biblioteca de Bertamiráns e o mércores 26 tamén ás 11.30 horas na do Milladoiro.

Obradoiro organizado polo departamento de Bibliotecas no que os nenos e nenas converteranse en personaxes dun conto por un día. Desenvolverase o luns 24 de febreiro ás 11.30 horas na biblioteca de Bertamiráns e o mércores 26 tamén ás 11.30 horas na do Milladoiro.