Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza para o domingo, 18 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 13:00 horas. A través desta actividade búscase que os amesáns e as amesás que o desexen poidan aprender nocións básicas sobre esta embarcación. A xornada “Achégate ao piragüismo” consistirá nunha sesión de portas abertas á que poderán asistir todas aquelas persoas maiores de 8 anos, sempre e cando saiban nadar. Para participar é preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico info@ribeirasdotambre.es

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza unha xornada de portas abertas para asistir a un curso de piragüismo o vindeiro sábado 5 de xuño, na Pravia Fluvial de Tapia. Esta actividade, que se desenvolverá de 11.00 a 13.00 horas, está dirixida aos nenos/as maiores de 7 anos que saiban nadar. Precísase levar traxe de baño, chinelas e camiseta. Para inscribirse débese enviar un email a info@ribeirasdotambre.es

Do 21 ao 27 de setembro os veciños e veciñas de Ames poderanse preinscribir na nova programación das Escolas deportivas e culturais do Concello de Ames. A xestión realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Non se admitirá ningún tipo de inscrición presencial. Este ano non se permite a renovación de praza. Todas as persoas que queiran participar nas actividades das Escolas deportivas e culturais terán que facer a preincrición. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 28 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 1 de outubro na páxina web do Concello de Ames. Ademais, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e nunha escola cultural. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, abre o prazo para inscribirse nas actividades terapéuticas de verán que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro durante os meses de xullo e agosto. As sesións de ioga impartiranse en horario de mañá, mentres que a actividade de aquagym será en horario de tarde. Para inscribirse nas clases de ioga precísase inscrición a través da plataforma Cronos. (Reserva a túa clase en eventos). Para acudir ás de aquagym, non se necesita inscrición previa.

O Fútbol Club Meigas e mailas Escolas de Fútbol Sala Trasgos organizan unha nova edición do campus de Nadal que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. Haberá servizo de gardería de 9.00 a 10.00 e de 14.00 a 14.30 horas. Na organización de dito evento colaboran o Concello de Ames, a Deputación da Coruña e maila Xunta de Galicia. Está destinado a nenos de entre 4 a 16 anos e a inscrición pode formalizarse na seguinte ligazón.

O próximo sábado 21 e domingo 22 de decembro terá lugar nas Pistas de Tenis de Aldea Nova o I Torneo de Nadal de Tenis e Minitenis. Organizado polo departamento de Deportes do Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña, trátase dun torneo non federado no que poden participar tanto os máis pequenos da casa como os adultos. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal, estando aberto o prazo ata o 19 de decembro ás 14.00 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza uns cursos de iniciación ao piragüismo durante os meses de xullo e agosto. Esta actividade está dirixida aos nenos/as nados entre o 2006 e o 2012. Esta actividade impartirase os luns, mércores e venres, en horario de 11.00 a 12.15 horas. O prazo para apuntarse xa está aberto. Ofértanse 20 prazas para cada mes. Cómpre salientar que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A Concellaría de Deportes de Ames abre este martes, 9 de xullo, o prazo de inscrición para os cursos de natación que se desenvolverán no concello durante o mes de agosto. Os obradoiros terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña, e pecha o prazo de inscrición o vindeiro 19 de xullo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude para os cursos de natación.

O próximo luns, 22 de xuño, abre o prazo de inscrición para os primeiros cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. En agosto realizaranse unha nova serie de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 6 e o 17 de xullo. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. Premendo nos enlaces que están ao pé desta nova poderás obter o impreso de solicitude para os cursos de natación.

O próximo luns, 20 de xuño, abre o prazo de inscrición para a primeira quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. En agosto realizaranse unha nova quenda de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 11 e o 22 de xullo. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións hai que tramitalas a través da plataforma Cronos.

Eventos del departamento

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.