Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

Debido á gran demanda de uso que teñen as pistas de pádel de Aldea Nova, a concellaría de deportes realizou unha serie de melloras que optimizan o rendemento desta instalación deportiva. A concellaría lembra os/as deportistas interesados en reservar praza que poden facelo de xeito online a través do programa Cronos.

O Concello de Ames segue avanzando na tramitación para a construción do complexo deportivo do Milladoiro. O pasado 11 de maio rematou o trámite de exposición pública do estudio de viabilidade da concesión de obra pública para a construción dunha instalación deportiva municipal no Milladoiro e a explotación do conxunto deportivo que conformará xunto a instalación municipal A Telleira de Bertamiráns. Unha vez rematada dita exposición pública continuase co trámite administrativo. As instalacións do complexo deportivo do Milladoiro situaranse na parcela da rúa Agro do Medio, que está contigua ao novo centro de saúde desta localidade.

As obras do espazo de “pump track” situado na rúa do Pedregal remataron esta pasada semana, despois de que a Concellaría de Deportes amesá adxudicara a súa construción a finais do pasado mes de setembro, cun investimento de 48.077,03 euros. O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e o encargado da brigada de Obras, Juan Calvo, visitaron as instalacións na mañá deste luns, dende o cal xa están abertas para que a veciñanza practique coas súas bicicletas, monopatíns, patíns e patinetes.

Esta mañá o alcalde de Ames, Jose Miñones, e maila concelleira de Deportes, Susana Señorís, xunto co técnico municipal de Deportes e maila arquitecta municipal, visitaron o campo de fútbol de Bertamiráns para ver de primeira man como quedou esta instalación despois das obras realizadas. Alí estiveron co director de obra, Julio Calderón, de Calderón & Asociados; con representantes da empresa Prace Servicios Y Obras SA, adxudicataria do proxecto; co presidente, Rafael Budiño, e co secretario técnico de fútbol base do Bertamiráns FC, Sergio Penas. Este proxecto, no que se investiron 312.067 euros, foi posible grazas ás xestións que fixo o Goberno municipal coa Deputación da Coruña. A Deputación financiou o 80% do proxecto, mentres o Concello de Ames achegou o 20% restante.

Representantes dos partidos políticos da Corporación municipal, dos clubs deportivos amesáns e da comunidade educativa asistiron o pasado mércores 6 de xullo a unha nova xuntanza do Consello de Deportes. Alí foron expostos os novos regulamentos das escolas e das instalacións deportivas, aprobados de xeito unánime no pleno ordinario do 30 de xuño. Ademais, tratáronse futuros investimentos, entre os que destacou a creación dun novo pavillón en Bertamiráns, para a que xa está encargada o anteproxecto, así como outras actuacións no Milladoiro e nas parroquias de Biduído e Ortoño.

O alcalde de Ames, Blas García, maila concelleira de Deportes, Susana Señorís e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, acompañados do oficial da Policía Local, Maximino García, o técnico de Deportes, Alberto Viaño, o responsable da Brigada de Obras, Juan Calvo, o presidente da Asociación de Protección Civil de Ames, Juan Crespo e os representantes de EMESPORT, Ezequiel Mosquera, Quico e Alberto, reuníronse esta mañá no Salón de Plenos do Concello co obxectivo de preparar o paso da Volta Ciclista “O Gran Camiño” por Ames. O concello acollerá a 2ª etapa deste tour o día 25 de febreiro. O evento conta co patrocinio da Xunta de Galicia, as Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e o Xacobeo 21-22. A Volta Ciclista, en cuxa organización colaboran tamén os concellos polos que pasa, percorrerá as catro provincias galegas e conta consolidarse entre as mellores probas do calendario internacional por organización e participación. As canles Eurosport e TVG encargaranse da retransmisión.

A praia fluvial de Tapia acolleu este domingo, 11 de agosto, a XXXIV edición do descenso do Tambre, na que uns 150 padexeiros/as xuntáronse en Ames para participar nas probas de descenso e de circuíto. Roberto Rodríguez, do club kaiak Tudense, proclamouse campión absoluto na categoría K-1 masculina. Alberto Viaño e Carlos Balsa, os dous do club Ribeiras do Tambre, quedaron segundo e terceiro. Na categoría absoluta feminina K-1 a gañadora foi Sandra Leira, do club deportivo náutico de Miño. Segunda quedou Andrea Pérez, tamén do club deportivo náutico de Miño, e terceira foi Lorena Viaño, do club Ribeiras do Tambre.  Na categoría C-1 masculina o gañador foi Francisco Celestino Rodríguez.

Esta pasada fin de semana celebrouse en Chantada o Campionato Galego de Clubes, organizado pola Federación Galega de Karate. Nesta cita,  a escola amesá Dokkodo presentou un equipo alevín na modalidade de kata e outro na de kumite. Así mesmo, cedeu dous deportistas para que formaran parte de dous equipos do clube Akai Ryu de Negreira.

Ao longo da semana do 4 ao 10 de xullo disputáronse en Salobreña (Granada) os campionatos de España de xadrez sub10 de partidas lentas e rápidas, nos que participou Sergio Calvo, da Escola Ames Xadrez. Sergio, actualmente subcampión galego sub10, rematou como o primeiro clasificado de Galicia na modalidade de partidas lentas, mentres que no torneo de rápidas foi o segundo rapaz galego, quedando só a unhas xogadas de acabar entre os cinco primeiros a nivel nacional.

O club Os Esfola Arrós competiu na Epic Race Pontevedra con sete ciclistas. A proba celebrouse na Cañiza e contou cunha gran participación debido a que foi a primeira celebrada dende hai ano e medio por mor da pandemia do coronavirus. A próxima proba da Copa Galicia Cross Country está prevista que se realice en Cambre en pouco máis dun mes. Os Esfola Arrós agardan poder asistir á que será a segunda proba desta competición.

Eventos del departamento

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.