Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

A quinta edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, que percorrerá o concello desde A Ponte Maceira ata o Real Aeroclub de Santiago, terá lugar o próximo domingo 17 de marzo. Organizada polo Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo, a proba foi presentada esta mañá na Casa do Concello, en Bertamiráns. Contarase coa colaboración da Policía Local e da Agrupación de Protección Civil. Desde a organización do evento agardan chegar ás 400 inscricións, o que suporía bater o récord de participación de todas as edicións organizadas. A inscrición está aberta nesta ligazón ata o vindeiro 14 de marzo, ás 23:59 horas. Pódese consultar o regulamento completo do evento premendo nesta ligazón.

Este domingo, 20 de outubro, celebrarase de novo a Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames, que alcanza a súa vixésimo terceira edición. A proba contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. Nesta edición hai inscritas máis de 1.196 persoas: arredor de 500 nas categorías absoluta e sub-18, mentres que nas categorías escolares hai 700 rapaces e rapazas inscritos. Non se admiten inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

O pasado 1 de outubro deu comezo un novo curso das Escolas deportivas municipais, nas que preto de 1.700 veciños e veciñas de Ames participan en 18 actividades, que se enmarcan nos programas de Formación deportiva e Ponte en forma. Este curso as actividades que teñen maior participación son pilates con 340 participantes, patinaxe con 202 e aerozumba con 158. Na actualidade, hai 1.670 usuarios/as inscritos, pero dende o departamento de Deportes agardan que esta cifra se incremente ata polo menos os 1.700 participantes, porque aínda se están tramitando inscricións nas prazas que quedaron libres. Deste xeito, a Concellaría de Deportes mantén aberto o prazo para anotarse nas prazas libres das Escolas deportivas municipais 2024/2025. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula de xeito telemático a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición en clases”.

O salón de actos do CEIP de Ventín acolleu o pasado domingo, 28 de xullo, o acto de clausura do campus da Real Federación Española de Fútbol, que se desenvolveu no concello de Ames entre o 14 e o 28 de xullo. A dito acto acudiron a concelleira de Deportes, Susana Señorís, o concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández, e o equipo técnico (adestradores, monitores e coordinadores) que impartiu as clases durante o campus. O campus, que se realizou por primeira vez en Ames, desenvolveuse en dúas quendas: a primeira do 14 ao 20 e a segunda do 21 ao 28 de xullo.

O Club de patinaxe artística Omega, do Milladoiro, e o Club de patinaxe Sarela, de Bertamiráns, organizaron o pasado domingo, 30 de abril, a décimo segunda edición do Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas municipais do Concello de Ames, no que colaborou o propio Concello a través da Concellaría de Deportes. O evento desenvolveuse en horario de mañá no pavillón municipal de Bertamiráns. O programa incluíu dúas competicións entre os grupos das escolas e exhibicións dos clubs de patinaxe amesáns, que realizaron diferentes coreografías. Premendo nesta ligazón podes descargar a galería de fotos do Encontro de patinaxe artística.

O pasado sábado 1 de xuño, as áreas deportivas de Bertamiráns e do Milladoiro acolleron a xornada de clausura do curso 2023-2024 das escolas deportivas municipais. Pola mañá tivo lugar o XIII Encontro de patinaxe artística, mentres que as demais escolas deportivas fixeron as súas exhibicións en horario de tarde.  Ao longo de toda a xornada, o alumnado puido amosar o aprendido ao longo destes meses nun ambiente festivo e familiar. A xornada foi organizada polo departamento municipal de Deportes en colaboración con ServiPlus. Premendo nesta ligazón pódese acceder á galería de imaxes do evento.

Durante este verán preto de 3.000 persoas tramitaron o carné de usuario/a para facer uso das piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Tramitáronse arredor de 1.150 solicitudes, isto pódese traducir en máis ou menos 900 abonos familiares (2.700 persoas) e 250 abonos individuais (250 persoas). Ademais, das piscinas descubertas municipais, a área recreativa de Tapia, que se atopa ás beiras do río Tambre, convértese tamén nun lugar moi concorrido por todos os veciños e veciñas de Ames nesta época do ano.

O Club de ciclismo Os Esfola Arrós e o Concello de Ames organizan un ano máis unha das probas do circuíto Transgalaica en territorio amesán. Esta é a sétima proba do circuíto Transgalaica que se organiza en Ames. Así, este domingo 12 de marzo o municipio amesán acollerá a segunda proba do circuíto Transgalaica 2023, que partirá do Pazo da Peregrina ás 9.30h e percorrerá distintos puntos da xeografía do concello. Na proba participarán un total de 286 ciclistas. Premendo neste enlace poderás obter o aviso municipal dos cortes e da prohibición de estacionamento na avenida José Luis Azcárraga con motivo da proba.

O pavillón polideportivo municipal do Milladoiro acolleu o pasado sábado 26 de febreiro a sétima edición do seminario de defensa persoal que a Deputación da Coruña programou ao longo da provincia. Preto de 40 amesás aprenderon  ao longo de catro horas técnicas e estratexias para defenderse ante posibles agresións. As mulleres participantes recibiron un diploma acreditativo da súa participación.

Tras sete anos de parón dende a súa anterior edición, a Milla Urbana Concello de Ames volve neste 2022 ao Milladoiro. Trátase dunha carreira curta, na que as 391 persoas inscritas deberán percorrer un circuíto urbano de entre 200 metros e unha milla, dependendo da idade. Calquera persoa pode participar nesta proba, con ou sen licenza federativa e sen límites de idade. A proba desenvolverase o domingo 25 de setembro, a partir das 9:00 horas, na zona da área deportiva da travesía do Porto, no Milladoiro. Haberá cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento nos arredores da área deportiva do Milladoiro pola celebración de dita proba deportiva.

Eventos del departamento

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan este domingo, 20 de outubro a vixésima edición da carreira pedestre do Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns, tal como  se veu realizando nas dúas últimas edicións, unha vez que se decidiu trasladar a proba desde o entorno do Pazo da Peregrina ao centro do núcleo urbano para así facer mais partícipe á veciñanza.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 20 de outubro a XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, unha proba que pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.

A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes. O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.