Solapas principales

Departamento de Educación

Noticias del departamento

Por sétimo ano consecutivo, con motivo da celebración do Día Internacional da Paz, o CEIP de Barouta organiza para o vindeiro luns, 30 de xaneiro, unha nova edición da súa carreira “Móvome pola paz”. Tras dous anos festexando o acto a porta pechada e tomando as medidas sanitarias precisas por mor da pandemia, na carreira poderán volver a participar todos os veciños e veciñas que o desexen. Así mesmo, está tamén convidada toda a comunidade educativa de Barouta e os estudantes de sexto de Educación Primaria do CEIP da Maía e do CEIP de Agro do Muíño, así como os nenos e nenas da escola unitaria de Covas. O obxectivo é a concienciación sobre os dereitos da infancia e a recollida de alimentos e produtos de hixiene para persoas en situación de emerxencia social.

Por sexto ano consecutivo, e co gallo da celebración do Día Mundial da Paz, o CEIP de Barouta celebrará este venres 28 de xaneiro a súa carreira solidaria “Móvome pola Paz”. As medidas sanitarias serán idénticas ás do ano pasado, co alumnado correndo con máscara, sen público e respectando os seus grupos burbulla, mais sen perder o espírito de festa e de solidariedade habituais. Dende este luns 24 o centro xa recolle alimentos e produtos de hixiene, que logo doarán ao Banco Municipal de Alimentos do concello. O director do centro, Alonso Caxade, adianta “unha carreira con todas as da lei”, que sirva para recordar á infancia, “unha das capas sociais máis esquecidas nesta pandemia”.

O CEIP de Barouta, dentro do programa Lectura e familias, organiza para este sábado, 27 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, unha mesa redonda, narracións orais, contacontos, un concerto e unha tómbola.

O CEIP de Barouta organiza para este venres, 21 de xuño, a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan para o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.

O concelleiro de Educación, David Santomil, vén de realizar unha xuntanza coa empresa adxudicataria do servizo de monitorado dos programas de conciliación do Concello de Ames, co fin de preparar e coordinar o comezo do curso lectivo 2022-2023. Dende este mes de setembro entra en vigor o novo contrato do servizo de monitorado destes programas, cuxa adxudicación foi aprobada por unanimidade no pleno ordinario de marzo de 2022. O contrato, adxudicado á empresa A Billarda por preto de tres millóns de euros, inclúe os servizos de comedores escolares, “Bos Días Cole” e “Tardes Divertidas”.

O próximo luns, 1 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para participar da  Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria. A presentación de solicitudes poderá realizarse de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de rexistro de Bertamiráns e O Milladoiro, baixo cita previa. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns, 8 de xuño. Unha vez publicada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as o prazo para a presentación de reclamacións será de 5 días hábiles. Ao pé desta nova podes obter o impreso de inscrición e as bases da Escola de Verán.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este martes, 14 de xaneiro, unha nova xuntanza do Consello de Dirección de Compostela Rupestre, a primeira presidida polo primeiro tenente de alcalde de Ames, David Santomil, que tamén é presidente do Consello de Dirección, que ten carácter rotatorio. A reunión tiña por obxecto dar o visto bo ao informe que detecta as necesidades máis urxentes dos bens patrimoniais dos cinco concellos que a conforman. Na xuntanza tamén se acordou acelerar a elaboración dun plan de xestión co fin de asentar a constitución do parque arqueolóxico.

O concelleiro de Educación e Axenda Urbana, David Santomil, e maila técnica do departamento municipal de Educación, Rosa García,  mantiveron unha xuntanza coa presidenta da asociación Slow Food Compostela e coas representantes de varias entidades que producen produtos locais, co obxectivo de incorporar os comedores escolares municipais á Rede de Comedores Escolares Km 0 de Galicia. Dita rede acredita o consumo de produtos de proximidade e a sustentabilidade. Slow Food é unha asociación ecogastronómica que promove unha “nova gastronomía” entendida como expresión da identidade e da cultura. Premendo nesta ligazón podes atopar máis información sobre que é un comedor escolar Km0.

Eventos del departamento

O Concello de Ames organiza o mércores 31 de agosto un acto na memoria dos once concelleiros da corporación municipal de Boimorto, detidos e asasinados pola represión franquista o 20 de agosto de 1936 nos Batáns. A homenaxe servirá ademais para informar sobre os traballos realizados na parroquia de Ortoño a comezos de agosto pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), co fin de localizar os corpos de seis dos once represaliados durante a Guerra Civil. Será ás 18:00 horas, na carballeira de Ortoño, ao carón da igrexa parroquial. Trátase dun acto aberto a toda a veciñanza que desexe asistir.

A ANPA do CEP de Ventín organiza o 5 dedecembro na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:30 horas, unha actividade formativa chamada "Para, Pensa, Conéctate contra a violencia de xénero". Nela falarase sobre o uso responsable das tecnoloxías para a prevención contra o ciberacoso e a violencia de xénero dixital.

A ANPA As Brañas e mailo CEP de Ventín organizan unha charla sobre a miopía que está dirixida ás familias. Será o venres, 3 de novembro, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta actividade colaboran o Concello de Ames e maila Universidade de Santiago de Compostela.

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.

Durante a xornada haberá diversos xogos populares para os cativos e cativas, unha tómbola con máis de 70 premios e, ao remate, un concerto a cargo de Pakolas.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá mañá, 8 de marzo, a presentación do libro “Universo Inverso” ás 19:00 horas. Trátase dun libro de haikus que foi creado integramente polo alumnado de 6º de primaria do CEIP de Barouta, desde a redacción dos textos ás ilustracións. Durante o acto, presentado por Belén Xestal, 25 alumnas e alumnos recitarán algúns dos haikus que compoñen o libro acompañados de música en directo e de intérpretes en lingua de signos. Ademais, contarase coa actuación do grupo de danza GoPra Performance. Polo momento, o libro non estará dispoñible en librerías, pero poderá adquirirse durante a presentación ou chamando ao centro escolar para encargar algún exemplar.

O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.