- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Obras y Servicios Básicos
Solapas principales
Departamento de Infraestructuras, Obras y Servicios Básicos
Noticias del departamento
Co obxectivo de poñer ao alcance da veciñanza os mellores servizos de telecomunicacións dos que na actualidade dispón o mercado, Telefónica de España S.A.U. renova a rede de fibra óptica no municipio de Ames. As zonas rurais do Concello mellorarán considerablemente con este plan a súa conexión dixital. Calcúlase que unha vez realizado todo o proxecto, entre o 80 e o 90 por cento da poboación de Ames contará con tecnoloxía de fibra, o que permitirá dar un gran paso na equiparación da oferta dixital entre as zonas urbanas e as zonas rurais do Concello.
A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar 10 novas concesións de nichos e columbarios do cemiterio municipal de Ames. Deste xeito, adxudicáronse 4 concesións (1 panteón tipo A de 3 nichos e 1 columbario; e 3 columbarios) por un período de 25 anos e 6 concesións (5 columbarios; e 2 nichos independentes) por un período de 75 anos. Das concesións adxudicadas, 7 licitadores efectuaron o ingreso do 100% da totalidade do canon ofertado, mentres que 3 licitadores aboaron o 50% do canón. En relación aos que ingresaron unicamente o 50%, o restante 50% ten que ser ingresado no prazo máximo de 6 meses e, de non ingresarse no prazo indicado, quedarían excluídos da concesión.
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación á entidade Taller De Ingeniería MYL, SLP do servizo de redacción de proxecto e dirección facultativa da actuación de mellora da eficiencia enerxética no alumeado do rural. A oferta económica da redacción do proxecto ascende a 19.965 euros, mentres que a oferta da dirección de obra ascende a 13.794 euros. O 80% deste proxecto está sufragado con fondos europeos concedidos polo IDAE, mentres que o 20% restante será sufragado con fondos propios municipais. Dita actuación ten un orzamento de execución de 1.470.288,94 euros. Deste xeito, vanse substituír 4.540 puntos das parroquias amesás. Estes puntos para substituír englóbanse en 120 centros de mando, que tamén serán reformados, representando o 69% do total de centros presentes no termo municipal.
O alcalde de Ames, Jose Miñones, vén de reunirse na Coruña a semana pasada coa xefa provincial da Dirección Xeral de Tráfico de cara a tratar diversos asuntos referidos á N-550, ao seu paso polo Milladoiro. Nesta reunión o rexedor municipal trasladoulle o interese que o Concello ten nunha futura transferencia da N,550 de cara a poder levar a cabo a humanización da avenida Rosalía de Castro. Nesta xuntanza tamén falaron sobre o control do tráfico pesado ao paso polo núcleo urbano.
O alcalde de Ames, José Miñones, e a presidenta da Comunidade de Propietarios do Edificio Xaquín Lorenzo 2, 4, 6, 8, 10 e 12 do Milladoiro, María Luísa González, asinaron este luns un convenio polo que a agrupación cede ao Concello de Ames o uso do rueiro e a praza privada anexa á construción. O acordo terá unha duración de dez anos, con posibilidade de prorrogalo da forma anual transcorrido este espazo de tempo. A zona cedida comprende unha extensión total de 1563 metros cadrados.
O alcalde de Ames, José Miñones, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, mantiveron esta semana unha xuntanza co director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, na que acordaron a sinatura dun convenio, ao longo deste ano e ligado ao orzamento da Xunta de 2020, para transferir a avenida da Maía ao Concello de Ames. A Xunta financiará con algo máis de 140.000 euros a mellora do firme da travesía AC-543, en Bertamiráns, unha vez que o Concello de Ames asuma a titularidade desta tramo estrada.
Esta semana o alcalde de Ames, José Miñones, e maila concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, mantiveron unha xuntanza cos representantes da consultora do transporte metropolitano para explicarlles as alegacións presentadas polo Concello de Ames ao proxecto de explotación de servizos públicos de transporte metropolitano, así como para solucionar dúbidas sobre o proceso de licitación. En dita reunión os representantes da consultora do Transporte metropolitano trasladáronlle ao goberno municipal a viabilidade das alegacións presentadas e consideran que son coherentes e é posibles levalas a cabo. O rexedor municipal e maila concelleira de Mobilidade tamén se interesaron sobre a accesibilidade, a problemática dos carriños de bebé, as paradas e o sistema informatizado.