Solapas principales

Departamento de Promoción Económica y Empleo

Noticias del departamento

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) impartirá mañá, mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, unha nova charla para tratar de entender a factura da luz. Desta volta, a actividade, que no mes de novembro xa se celebrara no Milladoiro, terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. A charla, enmarcada no acordo que manteñen o Concello de Ames e a UCGAL, busca facilitarlle aos consumidores e usuarios amesáns unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica.

A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir dúas charlas informativas sobre comisións e custos bancarios, e acceso e funcionamento da banca electrónica. A primeira charla terá lugar o 11 de decembro, ás 16:00 horas, no Centro de maiores de Bertamiráns; e a segunda será o xoves 14 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro de maiores do Milladoiro. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

Unha vez rematado o estado de alarma e superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, os/as técnicos/as da Unión de Consumidores de Galicia volverán a atender, de forma presencial, á veciñanza amesá nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. O servizo de asesoramento da UCGAL enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

No ano 2020, a Unión de Consumidores de Galicia, UCGAL, recibiu 262 consultas dos veciños e veciñas de Ames, das que 21 derivaron en reclamacións. En total, o importe das cantidades recuperadas, ou evitadas, nas reclamacións que tramitou a Unión de Consumidores de Galicia nas súas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro, ascendeu a máis de 84.000 euros. A UCGAL recomenda neste momento reclamar ás entidades bancarias os gastos derivados da tramitación das hipotecas.

O Concello de Ames acolleu neste venres, 7 de marzo, a quinta edición do InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que se celebrou no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que estiveron presentes diferentes empresas do noso concello referentes nos ámbitos da innovación ou da tecnoloxía. Desta volta, unha das principais temáticas que se trataron foi a sostibilidade no mundo empresarial na actualidade e as posibilidades e capacidades da innovación local. Nesta edición participaron máis de vinte empresas amesás, coworkers do centro coworking A Proa, representantes das Universidades de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, e alumnado dos centros educativos de Ames.

Dende a Concellaría de Promoción Económica informan de que por mor das predicións meteorolóxicas que dan choiva para mañá martes, 13 de setembro, vaise adiar a xornada de “Volta ao cole co comercio” para o mércores 21 de setembro en Bertamiráns. Trátase dunha campaña para dinamizar o comercio e a hostalaría local no comezo do curso lectivo. A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17:00 ás 19:00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19:00 ás 21:00 horas. Haberá diferentes actividade lúdicas e sortearanse diferentes premios. Esta actividade realizouse o venres 9 de setembro no Milladoiro, onde participaron un gran número de nenos e nenas.

Este xoves, 14 de novembro, celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou a adxudicación do expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal e outros elementos decorativos da campaña de Nadal. Este servizo foi adxudicado á empresa Iluminaciones Santiaguesas SL por un importe de 47.250,50 euros. A duración inicial será dun ano, podendo prorrogarse por un ano máis.

Na Xunta de Goberno Local celebrada o 19 de agosto de 2021 aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento negociado sen publicidade do servizo de redacción de proxecto e dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no  marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. 

Artesanía, danza e música son algunhas das actividades da I Feira de san Xoán. O evento, organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración coa concellaría de Promoción Económica e que terá lugar os días 23 e 24 no parque Ameneiral, en Bertamiráns.

Artesanía, música e diferentes actividades conforman o cartel da segunda edición da feira de San Xoán, que organiza a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración co Concello de Ames. Dita feira celebrarase os días 22 e 23 de xuño, en horario de 11.00 a 21.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

Eventos del departamento

A final do concurso celebrarase de xeito presencial en Bertamiráns o día 31 de agosto, ás 19.00 horas, nunha única xornada na que participarán as persoas clasificadas na fase de selección. Na fase final os 20 aspirantes (grupos, dúos ou individual) interpretarán un baile por participante. Nesta fase o ditarase o fallo do xurado cos premiados, que será inapelable. Os ganadores/as daranse a coñecer ese mesmo día.

A gran final do concurso terá luagr o 11 de agosto, ás 19.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na fase final as 12 persoas aspirantes interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical.

Os días 12 e 13 de xullo Ames acolle a fase de preselección do concurso Canta con Ames. respectivamente. O venres 12 de xullo será no Milladoiro, na praza de Manuel Murguía; e o sábado 13 será en Bertamiráns, no parque do Ameneiral. En ambas localidade será ás 19:00 horas.

A semifinal do concurso Canta con Ames será o 3 de agosto, ás 19.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A ela terán acceso as persoas clasificadas na fase de preselección, un máximo de 20 persoas en total, cada unha na categoría que lle corresponda. O xurado escollerá, ese mesmo día, un máximo de 12 seleccionados, tres por categoría, para pasar á final

Creación da árbore de Nadal cos Alfombristas de Ames con materiais da natureza. Terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns pola mañá e na Praza de Manuel Murguía no Milladoiro pola tarde.

É unha actividade para nenos de entre 8 a 15 anos. Para asistir é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal. O prazo remata o 18 de decembro.

Entre o 16 e o 22 de setembro, os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, acollerán o evento Rede Coworking Fest, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades culturais e formativas. No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.

A praza de Manuel Murguía no Milladoiro acolle hoxe ás 20:00 un concerto do dúo Eva e Camilo. A actividade encádrase dentro do programa AmesON, a través do cal o Concello traballa para dinamizar os sectores comercial e cultural de Ames. O concerto é de balde até completar aforo e realízase seguindo todas as normas de seguridade que impón a loita contra o COVID19.

A Xuntanza de Empresarios de Ames organiza a I Feira de San Xoán que se celebrará os días 23 e 24 de xuño, no Parque de Ameneiral, en Bertamiráns. Durante as xornadas haberá obradoiros de artesanía, música e diversas actividades.

A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames, organiza a festa de Samaín de Bertamiráns este venres, 4 de novembro, co obxectivo de recadar fondos para a celebración das festas de Bertamiráns de 2023. Dita festa estaba prevista para o luns 31 e outubro, pero houbo que adiala debido ás inclemencias meteorolóxicas.

A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, van acoller as xornadas “Volta ao cole” os días 4 e 13 de setembro respectivamente. Trátase de dúas tardes de actividades que teñen como obxectivo amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría dos dous principais núcleos de Ames.