- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
A III Feira de San Xoán, organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, volve un ano máis ao parque do Ameneiral con artesanía, música e máis actividades. Será os días 23 e 24 de xuño.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organiza unha nova iniciativa para este domingo, 12 de xuño. Trátase do mercado aberto Solesombra, que se celebrará no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, en horario de 11.00 A 20.00 horas. Será un mercado no que participarán 12 establecementos comerciais de Bertamiráns e do Milladoiro para dar a coñecer os servizos que ofertan. Haberá música ambiente ao longo de todo o día para amenizar o mercado.
Segue aberto o proceso de selección de participantes para a novena edición do programa integrado de emprego dos Concello de Ames e Brión 2024 -2025. Ata o día 20 de decembro as persoas que cumpran os requisitos solicitados e estean interesadas poden cubrir o formulario de inscrición cos seus datos premendo neste enlace. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, limpeza, administración e xestión, ocio e tempo libre e turismo. Hoxe xoves, 12 de decembro, ás 12.00 horas, impártese unha charla informativa no espaza colaborativo A Proa, situado na rúa das Hedras, no parque empresarial do Milladoiro.
O Concello de Ames traballa na organización das Cabalgatas de Reis, que se celebran o domingo 5 de xaneiro nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns. Para participar en ditas Cabalgatas abriuse un prazo de inscrición co obxectivo de que as nenas e nenos do concello poidan acompañar aos Reis Magos nas carrozas. O período de inscrición estará aberto ata o domingo día 22 de decembro. A capacidade de cada carroza é de 14 rapaces, sendo as prazas ofertadas un total de 84. Poderán participar menores en idades comprendidas entre 6 e 12 anos, empadroados en Ames e que non participaran en cabalgatas anteriores. No caso de que non haxa rapaces suficientes para algunha das cabalgatas, poderase propoñer a cobertura con nenos e nenas que non teñan as preferencias solicitadas. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo sobre a entrega de capas reais de 2023.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, lembra que está aberto o prazo de inscrición ata o 9 de xullo para inscribirse nas categorías infantil, xuvenil, sénior e súper sénior do concurso Canta con Ames. As inscricións poden realizarse a través do correo amesnarua@gmail.com. Haberá unha fase de preselección no Milladoiro e en Bertamiráns os días 21 e 29 de xullo. A semifinal será no Milladoiro o 4 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 18 de agosto. O xurado do concurso estará composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora será Loly Gómez. As bases do concurso poden consultarse premendo nesta ligazón.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, vén de convocar a décimo quinta edición do Concurso de Escaparates de Nadal. As persoas titulares ou co-titulares dun establecemento comercial situado en Ames, que queiran participar neste certame, deberán engalanar os seus escaparates con motivos relacionados co Nadal, prestando atención á orixinalidade para conseguir a atracción do público. As solicitudes de inscrición poderán presentarse ata o 23 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nos rexistros municipais da Casa do Concello e Oficinas municipais do Milladoiro, así como a través da Sede electrónica municipal. Ao pé desta nova encóntranse as bases do concurso.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, vén de poñer en marcha a campaña de tarxetas bono Reactiva Ames, a través da cal durante este exercicio 2021 se porán en circulación 3.000 tarxetas-bono para gastar nos establecementos amesáns. Esta iniciativa xerará un volume de negocio de 200.000 euros. Existen dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50€ para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100€. Ata o 31 de xaneiro poderán inscribirse os establecementos que desexen adherirse á campaña e a partir do 5 de febreiro comezarán a distribuírse os bonos entre os potenciais clientes dos establecementos adheridos. Premendo nesta ligazón podes acceder á Sede electrónica. Para poder cubrir o impreso de solicitude é necesario identificarse con certificado dixital ou DNI electrónico. A iniciativa está contemplada no Plan Reactiva Ames. Preme nesta ligazón para consultar as bases desta campaña.
O Concello de Ames informa de que está aberto o prazo para presentar ofertas ao proceso de licitación do concurso de ideas, para a creación dun centro de ocio, cultura e promoción económica no Milladoiro. O orzamento base de licitación é de 30.000 euros. Este proxecto está incluído no Plan Impulsa Ames que está cofinanciado con fondos europeos FEDER. O centro construirase no Milladoiro, na avenida Muíño Vello, xunto ao parque empresarial e nas proximidades do instituto, a área de ocio, o albergue e a Igrexa do Milladoiro. A creación e dotación dun centro de ocio, cultura e promoción económica no Milladoiro é unha das liñas de actuación do Obxectivo Temático 9, de Inclusión Social, que pretende promover a inclusión social e loitar contra a pobreza.
Dende o pasado 19 de abril está aberto o prazo para solicitar axudas para a promoción do comercio local. A convocatoria de ditas axudas saíu publicada no BOP o xoves, 18 de abril, co cal o prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte de dita publicación. O importe desta convocatoria de subvención é de 40.000 euros: 35.000 euros para a promoción comercial e 5.000 euros para infraestruturas e equipamentos. As solicitudes hai que presentalas a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC).
O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, informa da liña de axudas, destinadas a autónomos/as e micro empresas do sector da Hostalería e as Axencias de Viaxe, que a Deputación vén de poñer en marcha para os/as profesionais dados de alta en concellos da provincia de A Coruña que teñan menos de 50.000 habitantes. Destínanse 9.000.000 millóns de euros e as axudas repartiranse por rigorosa orde de solicitude. Concederanse 1.500 euros por solicitante. As solicitudes deberán presentarse telemáticamente a través da plataforma SUBTel da Deputación de A Coruña.
- ‹ anterior
- 7 de 48
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
O carteiro real estará na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro o venres 27 de decembro e na Praza de Chavián de Bertamiráns o sábado 28 de decembro, para recibir a todo aquel que queira sacarse unha foto con el. Será gratuíto presentando tícket de compra de calquera establecemento do Concello de Ames.
Papá Noel estará na Carpa da Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, para todo aquel que se queira sacar unha foto con el. Será gratuíto presentando tícket de compra de calquera establecemento do Concello de Ames.
Papá Noel estará na Praza de Chavián, en Bertamiráns, para todo aquel que se queira sacar unha foto con el. Será gratuíto presentando tícket de compra de calquera establecemento do Concello de Ames.
Será ás 20.30 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, nun evento destinado a todos os públicos con entrada de balde ata completar aforo. Despois da gala a celebración seguirá no Restaurante Central.
A praza da Maía acolle hoxe, a partir das 20:00 horas, unha nova sesión de “Música na noite”, nesta ocasión a cargo de Habana Group. O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a Covid-19.
O inchable, destinado a nenas e nenos de entre 2 a 6 anos, estará situado na Praza da Madalena no Milladoiro.
Inchable destinado a nenos e nenas de 2 a 6 anos que estará instalado na Praza de Correos no Milladoiro.
O inchable, que está destinado a nenos de 2 a 6 anos, estará na Praza da Maía, en Bertamiráns.
Actividade organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Estarán instalados na Praza da Madalena, no Milladoiro. Dirixidos a nenos de entre 6 a 16 anos.
Actividade organizada polo departamento de Promoción Económica do Concello de Ames. Estarán instalados na Praza da Madalena, no Milladoiro. Estarán instalados no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Dirixidos a nenos de 6 a 16 anos.
- ‹ anterior
- 7 de 11
- siguiente ›