- Funciones
- Divulgar, promocionar e informar acerca de los recursos y empresas turísticas del ayuntamiento.
- Organizar actividades y eventos que fomenten el turismo local.
- Asesorar, planificar y gestionar programas y planes de fomento del turismo local.
- Editar material informativo y de promoción.
- Asistir a ferias y eventos relacionados con el sector turístico.
-
Normativa
- Ley 7/2011, del 27 de octubre, del turismo de Galicia
- Decreto 57/2016, del 12 de mayo, por lo que se establecen la ordenación de los establecimientos hoteleros
- Corrección de errores del Decreto 57/2016, del 12 de mayo, por lo que se establecen la ordenación de los establecimientos hoteleros
- Decreto 48/2016, del 21 de abril, por lo que se establecen la ordenación de los albergues turísticos
- Decreto 25/2018, del 22 de febrero, por lo que se modifica el Decreto 42/2001, del 1 de febrero, de refundición en materia de agencias de viages, guías de turismo y turismo activo.
- Decreto 12/2017, del 26 de enero, por lo que se establece la ordenación de apartamentos turísticos, viviendas turísticas y viviendas de uso turístico en la Comunidad Autónoma de Galicia.
- Noticias relacionadas
- Agenda
Solapas principales
Departamento de Turismo
Noticias del departamento
O Concello de Ames inaugurou o día 15 de xullo un punto de información turística que atendeu un total de 255 persoas ata o pasado 15 de setembro, data na que deixou de estar operativo. O mes de xullo foi sen lugar a dúbida o mes máis forte en canto a traballo nesta oficina, no que se atenderon a máis de 140 persoas e se promediaron case 10 usuarios ao día.
Esta semana o concelleiro de Turismo e alcalde de Ames, Blas García, visitou o punto de atención ao peregrino e de información turística. Este punto comezou a funcionar por segundo ano consecutivo o pasado 15 de xuño, e estará aberto ata o 15 de setembro. Esta iniciativa xorde da colaboración do Concello de Ames coa Asociación de Amigos do Camiño Portugués en Ames e Teo. O seu obxectivo é acoller e prestar atención e información ás/aos peregrinas/os e persoas usuarias do albergue e da área de autocaravanas sobre os servizos e recursos culturais, patrimoniais e turísticos de Ames.
A Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames organizaron a segunda edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. A esta edición do certame presentáronse un total de 60 fotografías, repartidas entre as tres categorías existentes (paisaxe, macro e artística). O xurado, que estivo composto por catro persoas (dúas achegadas polo Concello e outras dúas por XEA), encargouse de elixir as tres mellores fotografías de cada categoría. Ademais, en cada categoría outorgáronse tres accésits. As persoas premiadas serán notificadas mediante chamada telefónica. Premendo nesta ligazón podes descargar a listaxe de premiados/as desta edición do Enfoca Ames.
A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organiza a cuarta edición do concurso de fotografía Enfoca Ames, cuxo obxectivo é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 11 de outubro ao 10 de novembro de 2024. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com.
A Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames organizan a segunda edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 13 ao 24 de maio de 2022. As fotografías teñen que ser enviadas por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com.
- ‹ anterior
- 9 de 9
Eventos del departamento
O Concello de Ames programa para o sábado 14 de setembro unha saída pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo Fitur en colaboración con esta entidade, convertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado “As Pegadas de Rosalía”, en xaneiro do ano 2018
- ‹ anterior
- 2 de 2