Autobuses
-
Horarios e liñas do transporte metropolitano que pasa por Ames:
Debido aos constantes cambios de horarios nas liñas de transporte metropolitano por parte da empresa Monbus, empresa concesionaria do servizo de transporte metropolitano que depende da Xunta de Galicia, o Concello de Ames non pode ofrecer unha información veraz e actualizada de ditos horarios, polo que tan só se pode ofrecer un mapa das liñas de autobús que pasan por Ames.
Para dispor de información sobre os horarios do transporte metropolitano pódese acceder á páxina web da Rede de transporte público de Galicia (bus.gal) ou á paxina de atención ao cliente da empresa Monbus.
- Mapa das liñas de autobús que pasan por Ames.
- Portal web da Rede de transporte público de Galicia (bus.gal).
- Servizo de atención ao cliente da empresa Monbus.
- Transporte baixo demanda no rural:
- Reserva a túa viaxe
- Reserva a túa praza ata as 20 horas do día laborable anterior dende calquera das seguintes opcións:
- Sitio web
- Aplicacións móbiles
- Teléfono: 988 68 78 00 - Dispoñible de 8 a 20 horas de luns a venres
Tarxetas de transportes
Mapas e rueiros
Estes mapas e rueiros axudaranche a coñecer mellor o noso territorio. No mapa turístico atoparás localizados os principais lugares de interese de Ames: aloxamentos, restaurantes, bens patrimoniais (capelas, pazos, igrexas...) e outros moitos espazos nos que gozar do tempo de ocio. Tamén teñen sinalizadas as vías de comunicación máis importantes, as rutas e os camiños de Santiago que atravesan o noso concello.
Taxis
- Parada de taxis en Bertamiráns:
- Enderezo: Rúa Alcalde Lorenzo, s/n. Bertamiráns - 15220 - Ames
- Teléfono: 981 88 30 12
- Servizo de taxi en Ames e arredores dirixido a particulares e empresas.
- Tele Taxi Ames:
- Enderezo: Rúa Alcalde Lorenzo, s/n. Bertamiráns - 15220 - Ames
- Teléfono: 981 93 60 60
- Web: www.teletaxiames.com
- Servizo de taxi en Ames e arredores durante as 24 horas do día.
- Parada de taxis no Milladoiro:
- Enderezo: Avenida de Rosalía de Castro, s/n. O Milladoiro - 15895 – Ames
- Teléfono: 981 53 63 51
- Servizo 24 horas de taxi na avenida de Rosalía de Castro no Milladoiro.
- Radio Taxi Compostela/Ames:
- Teléfono: 981 56 92 92
Como chegar. Vías de comunicación. Distancias
A cabeceira municipal do concello de Ames, Bertamiráns, está a tan só 9,8 km de Santiago de Compostela. O outro núcleo urbano amiense, O Milladoiro, dista 5,8 km da capital de Galicia. As principais vías de comunicación entre a Santiago de Compostela e Ames son a AC-543 que vai a Bertamiráns e a N-550 que pasa polo Milladoiro. Ademais, desde 2008 tamén se pode chegar á capital do concello directamente desde a saída 75 da AP-9, percorrendo a autovía Santiago-Brión AG56.
- Desde Santiago a Bertamiráns pola AC543
- Desde Santiago a Bertamiráns pola AG56
- Desde Santiago a Milladoiro por SC20
- De Milladoiro a Bertamiráns por AG56
Onde aparcar:
Bertamiráns:
- Parking público Carrefour: Rua Pesqueiras, 4, 15220 Bertamiráns, A Coruña (120 prazas).
- Parking público tras Mercadona: Tr. Lodeiro,15220 Bertamiráns, A Coruña (120 prazas).
- Parking público Alcalde Lorenzo, 2, 15220 Bertamiráns, A Coruña (250 prazas).
- Parking público Centro Saúde. Travesía Pedregal, 12, 15220 Bertamiráns, A Coruña (20 prazas).
- Parking público Casa Cultura. Praza Chavián, 1, 15220 Bertamiráns, A Coruña (10 prazas).
- Parking público Pavillón. Aldea Castrigo, 15220 Ames, A Coruña (100 prazas).