Como alcalde de Ames e, polo tanto, en representación da Corporación municipal, quero darche a benvida á páxina oficial do noso Concello que, xunto coas nosas redes sociais, ofrécenos a oportunidade de encontrarnos, de comunicarnos e de traballar conxuntamente por Ames, construíndo así un Concello máis aberto, transparente e participativo para a veciñanza.
Na web municipal poderás atopar toda a información da actualidade do municipio e tamén terás acceso a outra información de interese a través da cal descubrirás Ames e unha morea de posibilidades para gozar do fermoso patrimonio natural co que contamos.
Con esta web e coa sede electrónica pretendemos facilitar as xestións máis cotiás das veciñas e dos veciños para conseguirmos un municipio máis áxil e accesible. Ademais, terás a oportunidade de facernos chegar a túa opinión ou as túas queixas, que serán de axuda para construír un concello mellor para todas e todos.
José Blas García Piñeiro dispón das competencias relacionadas coa Alcaldía e coas áreas de cultura, bibliotecas, festas, tecnoloxías da comunicación, informática, relación cos medios, axenda urbana e proxectos europeos, e normalización lingüística.
Un tenente ou unha tenente de alcalde é un/unha concelleiro/a dun Concello ao que o alcalde, no uso das súas facultades, que lle atribúe a lei, nomeouno membro da Xunta de Goberno.