Pestanas principais

Turismo

Ames quere poñer en valor a súa riqueza paisaxística e cultural mediante un modelo de turismo sustentable que pretende dar a coñecer as pezas do seu patrimonio, os roteiros á beira do río, os espazos naturais e unha variada oferta gastronómica e hostaleira.
Dende a Área de Turismo promociónase o Concello de Ames como lugar idóneo para visitar, debido ao seu enclave estratéxico nas proximidades de Santiago de Compostela, con recursos que singularizan a estancia en casas rurais ou hoteis, compaxinando visitas culturais con actividades de descanso e lecer ao aire libre, nun contorno con vestixios arqueolóxicos de máis de 5.000 anos de antigüidade e no que deixaron a súa impronta as culturas romana e medieval.

A oferta cultural compleméntase cun amplo programa de espectáculos e ciclos de música, cine e teatro. Hípica, sendeirismo, piragüismo e deportes de aventura son outras opcións para os amantes do deporte. Tamén hai posibilidade de achegarse ás tendas de artesanía, productos rexionais ou adquirir calquera mercadoría nos numerosos establecementos das zonas comerciais, que atraen a visitantes para realizar as súas compras pola relación calidade/prezo.

Se queren poñerse en contacto co departamento de turismo poden chamar ao número de teléfono 662 371 080 ou enviar un correo electrónico ao enderezo

 
Rutas
As rutas serven para dar a coñecer o contorno natural e o patrimonio etnográfico co fin de fomentar o respecto cara o medio, ademais de protexer a flora e a fauna, polo que non está permitido prender lume, deixar as cancelas de acceso ás fincas abertas, atravesar muros e valados, deixar lixo, asustar o gando, lixar fontes e regatos, facer ruídos innecesarios ou levar cans soltos. Ligazón.

Mapas
Para que poidas moverte mellor polo territorio de Ames na procura de todos estes espazos poñemos á túa disposición mapas e rueiros. Ligazón.
 
Aloxamento
Ames dispón dunha diversificada oferta de casas de turismo rural e hoteis que convidan os visitantes a coñecer a zona. Ligazón.

Patrimonio
Cruceiros, petos de ánimas, pombais, fontes, lavadoiros e muíños constitúen unha parte destacada da arquitectura popular, da que Ames ten numerosas representacións. Ligazón.
 
Festas