Pestanas principais

Protección de datos persoais

Información relativa á protección de datos persoais

A protección de datos de carácter persoal das persoas físicas é un dereito fundamental amparado polo artigo 18.4 da Constitución española, e que se exercerá con arranxo ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e o Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (en diante, RXPD) e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (en diante, LOPDGDD).

Toda persoa física ten dereito á protección dos datos persoais que lle concirnan a fin de garantir a súa vida privada e supón o control e poder de disposición sobre a información relativa á súa esfera tanto pública coma privada.

Responsable do tratamento

Segundo o disposto no RXPD, o responsable do tratamento é o órgano ou entidade que determina os fins e os medios do tratamento.

O responsable do tratamento dos seus datos persoais recadados a través dos diferentes procedementos ou solicitudes é o Concello de Ames. En determinados tratamentos pode darse unha situación de corresponsabilidade do tratamento, isto é, cando o Concello xunto con outro responsable do tratamento, determina os fins e medios do citado tratamento. Esta situación reflectirase no Rexistro de Actividades do Tratamento.

Poderá contactar con nós a través das seguintes canles:
- Enderezo: Praza do Concello, núm. 2, Bertamiráns, 15.220, Ames (A Coruña).
- Teléfono: 981 883 002.                                                               
- Correo electrónico: atencioncidada@concellodeames.gal.

Finalidade do tratamento de datos persoais

O Concello de Ames poderá tratar os datos persoais da cidadanía para, entre outras das finalidades:
- Xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar ás persoas interesadas sobre a súa tramitación.
- Xestionar axudas e subvencións.
- Verificar os datos que as persoas interesadas declaren nos diferentes procedementos coa finalidade de comprobar a súa exactitude.
- Xestionar as consultas, solicitudes de información e comunicacións.
- Ofrecer servizos personalizados á cidadanía
- Xestionar as autorizacións, permisos ou licencias solicitadas ante o Concello.
- Xestionar calquera outro servizo prestado á cidadanía que requira o tratamento de datos persoais.

Lexitimación para o tratamento

O tratamento dos datos persoais por parte do Concello de Ames baséase na necesidade de dar cumprimento a unha obrigación legal, o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable sobre a base do Dereito autonómico, estatal ou da Unión Europea.

En supostos puntuais, o tratamento poderá lexitimarse en base ao consentimento que outorgase a persoa interesada ou o seu representante legal para o tratamento dos seus datos persoais.

A normativa básica que fundamenta o tratamento de datos persoais lexitimados en base ao cumprimento dunha obriga legal, ao cumprimento dunha misión realizada en interese público ou o exercicio de poderes públicos detállase nas cláusulas informativas correspondentes a cada tratamento, así coma no Rexistro de Actividades do Tratamento do Concello.

A continuación inclúese unha listaxe informativa e non exhaustiva desta normativa:
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
- Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.
- Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Real decreto 1346/1976, de 9 de abril, polo que se aproba o Texto refundido sobre o réxime do solo e ordenación urbana.
- Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
- Lei 3/2013, de 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia.
- Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público.
- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
- Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do estatuto básico do empregado público.
- Lei 47/2003, de 26 de novembro, xeral orzamentaria.
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
- Real decreto 424/2017, de 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do sector público local.
- Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
- Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
- Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de conservación

Os datos persoais serán conservados mentres sexan necesarios para as finalidades de cada tratamento, con respecto aos prazos legais de conservación e á normativa sobre a retirada do consentimento (no caso en que o tratamento se fundamente neste) ou a supresión dos datos polas persoas interesadas.

Procedencia

Por regra xeral, os datos persoais recóllense sempre directamente da persoa interesada. Non obstante, en determinadas excepcións, os datos poden ser recollidos a través de terceiras persoas, entidades ou servizos diferentes da persoa interesada ou a través do seu representante legal.

Destinatarios

Os datos tratados polo Concello poderán ser comunicados, cando sexa estritamente necesario e conforme ao previsto na lexislación vixente, a un ou varios dos destinatarios indicados, entre os que se atopan os indicados no seguinte apartado. Os destinatarios concretos dos datos especifícanse nas cláusulas informativas correspondentes a cada procedemento e no Rexistro de Actividades do Tratamento.

-As Administracións públicas competentes autonómicas ou estatais, incluídos xulgados e tribunais e organismos da Seguridade Social e a Administración tributaria estatal ou autonómica.
-Organismos financiadores ou cofinanciadores.
-Entidades bancarias no marco dunha relación económica.
-Entidades colaboradoras na prestación dos servizos.

Así mesmo, determinados datos persoais poderán ser publicados en diarios oficiais, páxinas web corporativas ou taboleiros de anuncios, a fin de dar a publicidade legalmente esixida aos distintos procedementos e respectando, en todo caso, as limitacións establecidas ao respecto pola normativa vixente.

Persoa delegada de protección de datos

En cumprimento do disposto no artigo 37 do RXPD e o artigo 34 da LOPDGDD o Concello designou á persoa delegada de protección de datos (DPD) do Concello e comunicáronse os seus datos á Axencia Española de Protección de Datos.

A figura do DPD ten como funcións esenciais informar e asesorar ao Concello de Ames e aos empregados en materia de tratamento de datos persoais, atender ás reclamacións que en materia de protección de datos se lle dirixan e ser punto de referencia nesta materia e colaborar coa Axencia Española de Protección de Datos.

Os datos de contacto son: dpd@concellodeames.gal

Dereitos das persoas usuarias

O Concello de Ames garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos persoais. O interesado poderá exercitar os dereitos que lle asisten de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, que son fundamentalmente os seguintes:

-Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado e a obter información sobre o seu tratamento.
-Dereito a solicitar a súa rectificación, cando sexan inexactos.
-Dereito a solicitar a supresión ou esquecemento.
-Dereito a solicitar a limitación do tratamento.
-Dereito á portabilidade dos datos.
-Dereito a opoñerse ao tratamento.

O interesado poderá exercitar tales dereitos mediante solicitude por escrito presentada no rexistro municipal do Concello (Praza do Concello, nº 2, 15.220, Bertamiráns - Ames) ou por calquera outro rexistro dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, e na que especificará cal destes solicita sexa satisfeito.

Respecto á retirada do consentimento previamente outorgado, poderá facelo a través do medio indicado na cláusula informativa específica.

No apartado Protección de Datos do portal web do Concello de Ames, pode atopar os modelos para exercitar os seus dereitos.

Sen prexuízo de calquera outro recurso, as persoas interesadas terán dereito tamén a presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos. Con carácter previo á presentación desta reclamación, poderá dirixirse á persoa delegada de protección de datos a través do correo electrónico dpd@concellodeames.gal.