Todos os dereitos que aquí se recollen poden exercerse a través dos rexistros municipais e da sede electrónica, axustándose ao especificado en cadanseu caso no Regulamento de participación cidadá.
Dereito de petición
Art. 10 do Regulamento de participación cidadá
A petición poderá versar sobre calquera asunto comprendido no ámbito de competencias do concello sendo indiferente que o asunto afecte exclusivamente ó peticionario/a ou sexa de interese colectivo ou xeral
Dereito de audiencia pública
Art. 13 do Regulamento de participación cidadá
A audiencia pública constitúe un espazo de participación para a presentación pública por parte do concello e posterior debate entre este e a cidadanía, sobre cuestións especialmente significativas da acción municipal. Tamén é un mecanismo para a formulación de propostas por parte da cidadanía.
Dereito á iniciativa popular
Art. 14 do Regulamento de participación cidadá
Coa iniciativa popular poden presentarse propostas de acordo, actuacións ou proxectos de regulamentos en materias de competencia municipal. En ningún caso poderán ser obxecto desta iniciativa normas reguladoras de tributos ou prezos públicos.
Dereito á consulta popular
Art. 16 do Regulamento de participación cidadá
A consulta popular versará sobre aqueles asuntos de competencia propia municipal e de carácter local que sexan de especial relevancia para os intereses veciñais con excepción dos relativos á facenda municipal. Poderá solicitala un grupo municipal ou por iniciativa cidadá.
Dereito á intervención nos Plenos
Art. 15 do Regulamento de participación cidadá
As asociacións veciñais inscritas no rexistro municipal de entidades veciñais teñen dereito a efectuar unha exposición ante o Pleno do Concello en relación a algún punto da orde do día da sesión plenaria en cuxa tramitación interviñera como interesada ou nunha materia da cal se poida discrecionalmente estimar que teña interese específico.