O Concello de Ames dispón dun Rexistro Municipal de Asociacións, na se poden inscribir todas aquelas asociacións de interese social sen ánimo de lucro, cuxo obxecto sexa a defensa, fomento ou mellora dos intereses xerais ou sectoriais (de ámbito municipal) que teñan a súa sede en Ames e exerzan a súa actividade no ámbito xeográfico do Concello, nos termos previstos na Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.