Avisos

Ex., 28-04-2025
Ex., 28-04-2025
Xoves, 19 decembro, 2024
Con motivo da celebración da XVII Carreira Ciclista do Pavo, que se celebra o domingo, 22 de decembro de 2024, nos arredores da avenida da Maía, en Bertamiráns, infórmase de que haberá cortes de tráfico nas rúas, aldeas e lugares polos que transcorre a citada carreira.
Mércores, 18 decembro, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no DOG sobre a declaración de persoal laboral fixo do proceso selectivo de conserxe de centros de ensino. Trátase de prazas por concurso-oposición do art. 2.1 da lei 20/2021 incluídas na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización). Previamente publicáronse os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.
Martes, 17 decembro, 2024
A primeira edición do Mercado de Nadal de Ames foi suspendida pola baixa afluencia de artesáns. Deste xeito, o evento programado para os días 20, 21 e 22 de decembro será cancelado. Dende o Concello de Ames animamos a seguir desfrutando da extensa programación de Nadal en Ames 2024 que se poderá consultar en www.concellodeames.gal.
Martes, 17 decembro, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP sobre a declaración de persoal laboral fixo dun/dunha oficial de obras e servizos básicos e maila creación dunha bolsa de emprego que xorde do proceso de selección.
Martes, 17 decembro, 2024
A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal en Ames, un campamento para que os cativos poidan achegarse ao medio natural no inverno. A actividade, dirixida para a rapazada entre 6 e 14 anos, desenvolverase os días 2, 3 e 4 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, e ofrecerá diferentes xogos e obradoiros relacionados co Nadal e tamén co medio natural nesta época do ano. As persoas interesadas en inscribir á súa rapazada deberán enviar o impreso de inscrición cuberto, que se pode descargar ao pé deste aviso, ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.
Martes, 17 decembro, 2024
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa de Andainas Saudables, organiza para o vindeiro 21 de decembro un novo percorrido enmarcado na actividade do Camiño Real de Santiago a Fisterra e Muxía. Desta volta, percorrerase a segunda etapa, de 17 quilómetros aproximadamente, e que vai dende Ponte Maceira a Vilaserío. Hai 50 prazas dispoñibles para participar, as persoas interesadas poden inscribirse cubrindo o correspondente formulario ata o vindeiro mércores 18 de decembro ás 14.00 horas. Terán prioridade as persoas empadroadas en Ames. Volverá a habilitarse servizo de autobuses desde os dous núcleos urbanos do municipio; ás 9:00 horas desde a Casa da Cultura de Milladoiro e ás 9:15 desde a Casa do Concello de Bertamiráns.
martes, 17 Decembro, 2024 a domingo, 22 Decembro, 2024
O Concello de Ames, desde o departamento de Promoción Económica e Educación, abre a convocatoria para participar na Cabalgata de Reis deste ano, para que as nenas e nenos do concello poidan acompañar aos Reis Magos nas carrozas o día da cabalgata. O período de inscrición estará aberto desde o luns 16 de decembro ata o vindeiro domingo día 22 de decembro. A capacidade de cada carroza é de 14 rapaces, sendo as prazas ofertadas un total de 84. Poderán participar menores en idades comprendidas entre 6 e 12 anos, empadroados en Ames e que non participaran en cabalgatas anteriores. No caso de que non haxa rapaces suficientes para algunha das cabalgatas, poderase propoñer a cobertura con nenos e nenas que non teñan as preferencias solicitadas.
Luns, 16 decembro, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Nadal Lúdico 2024 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía.
Venres, 13 decembro, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 13 decembro, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.