- Tipo
- Tematica
O programa Apego continúa o seu programa de actividades durante o mes de maio coa actividade “Foliada con Apego”, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o venres 16 de maio, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 15 de maio, no que se indique o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2025 pode consultarse premendo nesta ligazón.
No ano das cantareiras, non podía faltar unha foliada dentro da programación do Apego, así que dende este xoves, 8 de maio, comeza o prazo de inscrición para a Foliada con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk. Será un encontro cheo de música para compartir, cantar, bailar, aprender cancións e, sobre todo, pasalo ben. Quen teña instrumentos tradicionais pode traelos para axudar a facer a festa. A actividade, para público familiar, será o venres, 16 de maio, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
As persoas interesadas en inscribirse só teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade dos/as nenos/as que vaian participar. O prazo para anotarse está aberto dende hoxe ata o vindeiro 15 de maio. As prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes, e non se admitirán inscricións fóra do período de inscrición.
