Venres, 18 de marzo de 2011
[18-03-2011] A nutricionista do Concello de Ames ofrece un pormenorizado asesoramento nutricional a toda a cidadanía amiense. Así, cada semana elabora un menú saudable para que todos os e as amienses poidan coidar os seus hábitos alimenticios. Esta semana ofrece un menú saudable para rapaces e rapazas que están na infancia, que conten de primeiro prato, verdura en tempura, de segundo polo con cogomelos de pataca e tomate, e de sobremesa espeto de froitas. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás descargar este menú.