Pestanas principais

Receitas saudables elaboradas pola nutricionista

Venres, 08 de abril de 2011

[08-04-2011] A nutricionista do Concello de Ames ofrece un pormenorizado asesoramento nutricional a toda a cidadanía amiense. Así, cada semana elabora un menú saudable para que todos os e as amienses poidan coidar os seus hábitos alimenticios. Esta semana ofrece un menú saudable para nenos/as que toman anticoagulantes, que conten de primeiro prato, coliflor con bechamel, de segundo paella de coello, e de sobremesa torradas. Picando na ligazón que hai ao pé deste anuncio poderás descargar este menú.