Pestanas principais

Convocatoria de axudas para as familias numerosas

Venres, 04 de febreiro de 2011

[04-02-2011]

O Boletín Oficial da Provincia (B.O.P.) ven de publicar a convocatoria das axudas ás familias numerosas, polo que, aquelas familias que cumpran os requisitos e estean interesadas nestas axudas deberán presentar a súa solicitude no prazo dun mes dende o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP. A contía total destinada a estas axudas é de 120.000 euros e as familias que obteñan a axuda recibirán 1.200 euros por unidade familiar. Con este tipo de iniciativas o concello de Ames pretende axudar en tempos de dificultade aquelas familias que máis dificultades teñen para a crianza dos fillos, máis en tempos de crise. Picando nas ligazóns que hai ao pé desta anuncio podes descargar o bando, a convocatoria e os modelos de solicitude desta liña de axudas.