Pestanas principais

Arde unha hectárea de monte ao carón de Aldea Nova

Martes, 27 de setembro de 2011

[27-09-2011] O monte que hai detrás da urbanización amiense de Aldea Nova comezou a arder onte arredor das sete da tarde. En total queimouse unha hectárea e media de monte raso situada a cincuenta metros das casas, con todo, non houbo danos materiais en boa medida grazas aos labores de limpeza e a unha devasa que fixo o Concello durante os últimos días do mes de agosto. Aínda que as chamas tardaron soamente unha hora e media en ser controladas, quedaron reténs durante a noite para evitar que volvese prender.

Para extinguir o lume desprazáronse ata o lugar os efectivos de Medio Rural e do GRUMIR, catro motobombas e dous helicópteros que controlaron o incendio ás oito da tarde pasadas. A Policía local amiense foi a primeira en acudir ao lugar sen necesidade de recibir aviso xa que eles mesmos viron o lume.