[09-07-2012] A partir de hoxe xa está aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación, que se desenvolverán durante o mes de agosto nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. Estes cursos pretenden ocupar o tempo libre dos nenos e nenas amienses durante as vacacións ao mesmo tempo que aprenden a nadar. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 20 de xullo. Todos os/as interesados/as poderán inscribirse na Casa da Cultura do Milladoiro e na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns (Pazo da Peregrina), en horario de 9:00 h. a 14:00 horas.
Auga e calor van da man no verán. Por iso a natación foi a disciplina que escolleu o Concello de Ames para ofertar como actividade educativa e de lecer durante as vacacións para os rapaces e rapazas amienses. Os cursos comezaron este mes coa primeira quenda que durará ata o 31 de xullo. Un total de 102 nenos e nenas participan nestes cursos durante o mes de xullo. Cubríronse 52 prazas en Bertamiráns e 50 no Milladoiro, que están repartidas ao longo de toda a mañá e divididas por franxas de idade.
A segunda quenda dos cursos de natación desenvolverase no mes de agosto. A partir de hoxe ábrese o prazo de inscrición para os cursos que van dende o 1 ata o 31 de agosto. O actual curso de xullo desenvólvese do xeito previsto e está a ter unha boa participación aínda que, algúns días as nubes acompañan, son moitos/as os/as que acoden a súa cita coa piscina.
Prazas ofertadas
As prazas ofertadas son 126 que se repartirán en diferentes horarios ao longo da mañá. Para os maiores de doce anos resérvanse 30 prazas e o seu curso impartirase de 10:30 h. á 11:15 horas. Os rapaces de dez a once anos tócalles a segunda quenda, de 11:15 h. ás 12:00 horas. Para esta franxa de idade tamén hai 30 prazas. De 12:00 h. á 12:45 h. desenvolverase a terceira quenda na que se ofertan 30 prazas para os rapaces de oito a nove anos, e de 12:45 h. a 13:30 h. haberá vintecatro prazas dirixidas a nenos e nenas de entre seis a sete anos. A última quenda resérvase para os máis cativos, doce prazas para nenos e nenas que teñan entre tres e cinco anos, que se levará a cabo de 13:30 h. a 14:15 horas. Os horarios e os grupos de idade poderán sufrir algunha variación en función dos inscritos na actividade.
En canto ás inscricións, poderán realizarse na Casa da Cultura do Milladoiro e na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns (Pazo da Peregrina) das 9:00 h. ás 14:00 horas. O prazo para apuntarse ao curso de agosto está aberto dende hoxe ata o 20 de xullo.
O prezo desta actividade é de 20 euros, ou 10 euros a partir do segundo membro da unidade familiar e 5 euros a partir do terceiro ou restantes. A documentación necesaria que hai que achegar é o impreso de solicitude cuberto e a fotocopia da tarxeta sanitaria. Só poderán participar as persoas empadroadas no Concello de Ames.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Abierto el plazo de inscripción para los cursos de natación de agosto de Ames"
El Correo Gallego: "Ábrese o prazo para apuntarse nos cursos de natación de agosto en Ames"