[04-06-2013] Achégase a noite máis longa do ano, o 23 de xuño, a véspera de San Xoán. E como manda a tradición esta festividade celébrase saltando as tan típicas cacharelas e comendo a sardiñada que soe acompañar. Por iso o Concello de Ames publica, como vén facendo nos últimos anos, unha serie de normas que deberán cumprir todas as persoas ou agrupacións que fagan unha fogueira. Antes deberán solicitar autorización ao Concello para poder facer a súa cacharela. O prazo está aberto ata ás13:00 horas do vindeiro xoves 20 de xuño. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando coas normas que hai que cumprir e o impreso de solicitude para poder facer unha cacharela/sardiñada.