Pestanas principais

Remata o primeiro prazo para recoller os vales de compra dos números premiados no sorteo da campaña comercial "Este outono caen premios"

Venres, 29 de novembro de 2013

[29-11-2013] Este xoves, 28 de novembro, rematou o prazo de dez días naturais (que ía dende o 18 ata o 28 de novembro), establecido nas bases do concurso "Este outono caen premios", para recoller os 3 vales de compra (por importe de 500 euros) cos que se premiaban ás persoas portadoras dos números gañadores no sorteo celebrado o pasado día 15 de novembro. Durante este período foi entregado o vale de compra correspondente ao número 05439. Este vale poderá ser gastados en calquera dos establecementos participantes nesta campaña. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o cartel cos números premiados e as bases desta campaña comercial.

A Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo informa de que este xoves, 28 de novembro, rematou o primeiro prazo, que ía dende o 18 ata o 28 de novembro, establecido nas bases do concurso, para recoller os 3 vales de compra (por importe de 500 euros) cos que se premiaba ás persoas portadoras dos números gañadores no sorteo celebrado o pasado día 15 de novembro. Neste período foi entregado o vale de compra correspondente ao número 05439, que foi recollido o pasado día 22 de novembro por Antonio Balsa Iglesias, residente en Montouto, no veciño Concello de Teo. Por esta razón quedan anulados os seus números suplentes, o 12008 e o 14448.

Tamén quedan anulados os números 07721 e 08149, xa que non apareceu ningunha persoa portadora destes boletos. Deste xeito, tal e como establecen as bases do concurso, ábrese outro prazo de 10 días naturais para poder recoller os dous vales de compra que corresponden aos seus primeiros números suplentes, e que son o 12291 e o 09594. Este período abrangue dende hoxe día 29 de novembro ata o 08 de decembro. No caso de que tampouco aparecesen as persoas portadoras destes números abriríase un novo, e último prazo, para os segundos números suplentes.

Nesta iniciativa participaron máis de 70 establecementos pertencentes a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), a Asociación de Empresarios e Profesionais do Milladoiro (AEMI), a Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar e a Asociación Empresarial Polígono Novo Milladoiro. A través desta campaña pretendeuse dinamizar o sector comercial amiense e que a veciñanza acudise aos comercios locais para realizar as súas compras. Ademais, pretendíase crear dinámicas de colaboración e traballo conxunto entre as catro asociacións comerciais existentes na actualidade no termo municipal de Ames.

Estableceuse un prazo de 10 días naturais para recoller os vales
As persoas agraciadas dispoñen dun prazo de 10 días naturais, dende hoxe día 29 de novembro ata o 08 de decembro, para recoller os seus respectivos vales de compra na Casa do Concello (departamento de Comercio e Promoción Económica), de luns a venres en horario de 09:00 h a 14:00 horas. Se transcorridos estes 10 días de prazo non aparece gañador ou gañadora, anularase ese número e pasarase ao segundo número suplente.

Os vales de compra teñen un valor de 500 euros cada un, e terán que ser consumidos en calquera dos establecementos participantes na campaña. As compras deberán ser realizadas sempre polos titulares dos vales, que dispoñerán do prazo dun mes a partir da data de entrega. As persoas agraciadas deberán gastar os 500 euros de compra nun mínimo de 5 establecementos diferentes, sen que quede establecida unha contía mínima para cada compra realizada.

Para calquera aclaración ou consulta sobre o desenvolvemento desta campaña, poden poñerse en contacto co persoal da Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo no teléfono 981 883 002 ou no correo electrónico guiadecompras@concellodeames.org.