Pestanas principais

O día 16 de maio estarán pechadas as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro

Luns, 12 de maio de 2014

[12-05-2014] O Concello de Ames informa de que o vindeiro venres, 16 de maio de 2014, as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro permanecerán pechadas por ser festivo segundo convenio. Para calquera urxencia pódense poñer en contacto coa empresa Espina & Delfín chamando ao número de teléfono de atención permanente 609 26 48 89. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o aviso emitido por Espina & Delfín.