Pestanas principais

O Roupeiro Municipal de Ames retoma con forza a súa actividade

Xoves, 18 de setembro de 2014

[18-09-2014] Desde eo 15 de setembro o Roupeiro Municipal de Ames volve a funcionar a pleno rendimento. A Oficina do Volutariado (OVA), encargada da xestión do roupeiro, recorda que a demanda de roupa, calzado e enseres da vida cotiá creceu considerablemente debido ás dificultades que está atrevesando un importante sector da sociedade amiense. No que vai de ano superáronse as seiscentas solicitudes. O setenta por cento destas peticións foron realizadas por menores de 16 anos. As donacións poden facerse en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.

O roupeiro municipal de Ames, situado en Aldea Nova, leva funcionando máis once anos para facer fronte as necesidades básicas de roupa e calzado e enseres da vida cotiá, existentes na poboación do noso concello. O roupeiro está a ser xestionado integramente por persoal voluntario pertencente ao concello. Once voluntarias atenden o servizo na actualidade. Elas son as encargadas de recibir as prendas de roupa, facer a a escolla das que estean en bo uso, almacenalas no roupeiro e entregalas ás familias máis desfavorecidas do concello, sempre baixo a supervisión do técnico de voluntariado.

Desde hai uns anos, e debido as dificultades que a sociedade está a atravesar , a demanda de roupa aumentou considerablemente. No que levamos de ano, superáronse as seiscentas solicitudes. Destas peticións aproximadamente un 70% foron feitas por rapaces/as menores de 16 anos. Prendas de vestir, calzado, roupa de cama e todo tipo de enseres para o cuidado dos bebés encabezan as demandas.

Tanto as persoas que queiran donar roupa, calzado e/ou enseres de maneira desinteresada, como as familias que desexen solicitala poden facelo nas Oficinas de Voluntariado de Ames, ubicadas nas Casas da Cultura de Bertamiráns e Milladoiro en horario de 9:00 a 14:00 horas e de luns a venres ou chamando ao 662377044.
Poden donarse prendas de vestir, roupa de cama. Calzado enseres para bebés (cunas, carriños, biberóns...). Todas as prendas que se donen deben atoparse nun bo estado de conservación para poder ser empregadas.