Pestanas principais

Os días 23 e 24 de decembro estarán pechadas as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro

Luns, 15 de decembro de 2014

[15-12-2014] O Concello de Ames informa de que os días 23 e 24 de decembro de 2014, as oficinas que ten a empresa Espina & Delfín nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro permanecerán pechadas debido á celebración de Nadal da devandita empresa e por ser festivo segundo convenio. Para calquera urxencia pódense poñer en contacto coa empresa Espina & Delfín chamando ao número de teléfono de atención permanente 609 26 48 89. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o aviso emitido por Espina & Delfín.