Pestanas principais

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores estará o xoves 12 de marzo en Bertamiráns

Martes, 24 de febreiro de 2015

[24-02-2015] A unidade móbil de inspección técnica estará o xoves, 12 de marzo, en Bertamiráns para realizar inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade. Tamén realizará inspeccións de motos e quads de máis de catro anos de antigüidade. As inspeccións realizaranse na explanada do pavillón polideportivo de Bertamiráns, en horario de 9:00h a 13:30 horas e de 15:15h a 18:00 horas. A cita previa poderá concertarse a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000. Aos vehículos que se presenten sen cita previa asignaráselles día e hora de atención ao público directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o bando sobre a unidade móbil de ciclomotores.