Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas no ano 2015 por clubs e asociacións deportivas

Martes, 26 de maio de 2015

[26-05-2015] O Concello de Ames informa das bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2015 por clubs e asociacións deportivas. A contía destinada a esta convocatoria ascende a 50.000 euros. Os obxectivos destas axudas son achegar a práctica deportiva ao maior número posible de individuos e promover a participación activa dos veciños e veciñas no deporte, como medio de promover a formación dos máis novos e de propiciar a convivencia.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde o 26 de maio, día no que se publicaron estas bases no BOP. En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte. Os interesados e interesadas deberán presentar a documentación solicitada nas bases. As solicitudes deberán presentaranse no Rexistro xeral do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de solicitude desta convocatoria de axudas.