Pestanas principais

A radio municipal “Ames Radio” estará pechada polo acondicionamento das súas instalacións

Martes, 13 de outubro de 2015

[13-10-2015] O Concello de Ames, a través da concellaría de Comunicación, informa que dende o mércores, 14 de outubro, a radio municipal Ames Radio estará pechada polo acondicionamento do local onde están situadas as súas instalacións. Debido a iso non emitirá ningún tipo de programación ata novo aviso. Desculpen as molestías.