[22-03-2016] O Concello de Ames fai un chamamento aos veciños e veciñas para que expresen a súa repulsa ante os atentados perpetrados no Aeroporto e no Metro de Bruxelas, achegándose mañá, mércores 23 de marzo, ás 12:00 á praza do Concello en Bertamiráns ou as Oficinas Municipais de Milladoiro para manter un minuto de silencio como apoio aos familiares a as vítimas de esta acción terrorista.
Co obxectivo de que a veciñanza poida amosar o rexeitamento e a condena polos atentados de Bruxelas, o Goberno de Ames convoca concentracións silenciosas para mañá, 23 de marzo, ás 12:00, tanto en Bertamiráns como en Milladoiro. A concentración en Bertamiráns levarase a cabo diante da Casa do Concello. En Milladoiro a concentración e o minuto de silencio terá lugar ao pe das Oficinas Municipais situadas na rúa de Abaixo.