Pestanas principais

Bases da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio local correspondente ao exercicio 2015

Venres, 08 de abril de 2016

[08-04-2016] O Concello de Ames aprobou as bases da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio local correspondentes ao exercicio 2015, que estaban sen convocar ata o de agora. O importe total das axudas acada os 25.000 euros. As bases foron aprobadas en Xunta de Goberno Local e o venres, 8 de abril, saen publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende o sábado 9 de abril. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria de axudas.

O importe máximo que poderá recibir cada entidade non superará os 9.000 euros. Para percibir o importe íntegro da subvención concedida o beneficiario deberá xustificar a realización, como mínimo, dun gasto igual ao importe total do proxecto presentado. Os interesados deberán presentar as súas solicitudes nos rexistros do Concello, situados en Bertamiráns e no Milladoiro.