Pestanas principais

O Concello de Ames non emitiu ningún aviso sobre o tendido e exposición de roupa na vía pública

Venres, 20 de maio de 2016

[20-05-2016] O Concello de Ames informa de que non emitiu ningún tipo de prohibición sobre o tendido ou exposición de roupa, prendas de vestir e elementos domésticos en balcóns, ventás, terrazas exteriores ou parámetros de edificios situados cara a vía pública, tal e como reflicte un escrito que recibiu algunha veciña do Milladoiro. Debido a iso, quérese deixar constancia de que dende o Concello non se están enviando estes escritos e que non existe ningunha ordenanza municipal sobre a protección da convivencia cidadá, tal e como pon no devandito escrito. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter unha copia do escrito.