Pestanas principais

A empresa Unión Fenosa revisará este sábado as liñas eléctricas do Milladoiro

Xoves, 22 de setembro de 2016

[22-09-2016] O Concello de Ames informa á veciñanza de que a empresa Unión Fenosa realizará interrupcións no subministro eléctrico este sábado 24 de setembro. Os lugares afectados serán a rúa do Francés e maila avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Deste xeito, entre as 7:00 e as 11:00 horas do sábado 24 de setembro, Unión Fenosa efectuará traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica. Por este motivo deberán deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións no subministro de electricidade durante ese intervalo de tempo.

O pasado 1 de setembro xa se desenvolveron diversos traballos co fin de realizar unha revisión exhaustiva das liñas de corrente eléctrica nesta localidade. Ditos traballos executáronse con maquinaria adaptada á revisión dos cables subterráneos que conducen a electricidade ao núcleo máis grande de poboación do Concello de Ames. Estas labores de revisión realizáronse despois de que durante o mes de agosto se producisen varios cortes no subministro eléctrico afectando aos veciños e veciñas tanto da parte alta como da zona baixa do Milladoiro.

Esta circunstancia levou ao alcalde de Ames, José Miñones, a poñerse en contacto coa empresa eléctrica para solicitar que se fixese unha revisión exhaustiva das liñas de corrente eléctrica. Así, os traballos de revisión continuarán este sábado, 24 de setembro, na rúa do Francés e na avenida de Rosalía de Castro. Deste xeito, entre as 7:00 e as 11:00 horas deste sábado, Unión Fenosa efectuará traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica.

Para máis información ou para solicitar algunha aclaración pódese contactar coa mencionada empresa chamando ao teléfono 900 333 999. Premendo á túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o aviso emitido por Unión Fenosa.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Posible corte eléctrico por revisiones en O Milladoiro para mañana"