Pestanas principais

Comeza hoxe a campaña “Ames en Negro” nas rúas amesás

Venres, 18 de novembro de 2016

[18-11-2016] Dende este venres, 18 de novembro, escaparates de distintos establecementos amesáns locen carteis, camisetas e símbolos dentro da campaña “Ames en Negro”, en denuncia da violencia de xénero. Lemas como “Espazo libre de violencia de xénero”, ou “1 de 4 mulleres que sofren violencia machista non denuncia por medo” son visibles dende as rúas.


Esta iniciativa enmárcase nun convenio asinado entre vinte concellos galegos que queren poñer a violencia de xénero na axenda mediática “con contundencia”, na véspera do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, celebrado o 25 de novembro.

A campaña “En negro contra a violencia”, na que se enmarca “Ames en Negro”, comeza este 18 de novembro e estenderase até o 28 de novembro. Na páxina web www.ennegrocontraaviolencia.gal pódese atopar máis información sobre as accións que se levarán a cabo durante estes dez días, tanto a nivel conxunto como as de cada un dos municipios participantes.

En Ames estanse a repartir as 700 camisetas, 400 das cales foron producidas polo consistorio amesán, entre establecementos, ANPAS, clubs deportivos e outras entidades. Os lemas “Ames en Negro” e “Contra a violencia” decoran estas prendas que o Concello convida a levar para crear conciencia acerca da lacra social que é a violencia contra as mulleres. Na páxina web un mapa indica, con puntos negros, todos os establecementos, asociacións, clubs ou Concellos participantes.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Una campaña en contra de la violencia machista une a 17 ayuntamientos"