Pestanas principais

Un cento de nenas e nenos participarán no Setembro Lúdico 2017

Martes, 22 de agosto de 2017

[22-08-2017] As listaxes definitivas de nenas e nenos admitidos no programa Setembro Lúdico xa poden ser consultadas na sección de avisos da páxina web municipal, nas oficinas do departamento de Educación situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro.

En total participarán do Setembro Lúdico deste ano un centenar de nenas e nenos, sumando as e os 55 participantes do Milladoiro e os 45 de Bertamiráns. Este programa busca axudar ás familias a compatibilizar a vida laboral e familiar, ofrecendo actividades matinais ás crianzas de segundo ciclo de infantil e de educación primaria, así como os servizos de Bos Días, de almorzo e de xantar. Nesta edición, que organiza a empresa Ágora Aberta, combináranse as actividades programadas con tempo de xogo libre. 

Programa de “Mozos e Mozas en Conexión”
O programa “Mozos e Mozas en Conexión”, componse de diferentes actividades que abranguen o contacto coa natureza, o patrimonio material e inmaterial, a cultura e a educación. Destinado a rapazas e rapaces entre os 16 e os 30 anos, este programa enmárcase dentro da convocatoria de subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é promover actividades que favorezan o desenvolvemento persoal e profesional das mozas e mozos que participan del, ao tempo, que estes contribúen á mellora da calidade de vida da comunidade.

Desde o 21 de agosto e ata o vindeiro día 31, dúas mozas están a realizar prácticas na Escola de Verán de Bertamiráns, nas instalacións do CEIP A Maía. En total, foron oito mozas e mozos, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, os que participaron deste programa no concello de Ames, colaborando na organización de distintas actividades municipais, como os campamentos de verán ou as iniciativas levadas a cabo na Aula da Natureza.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Cien amienses tendrán plan de conciliación en septiembre"