Pestanas principais

Convocatoria dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Mércores, 07 de febreiro de 2018

[07-02-2018] O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, informa da convocatoria dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

A convocatoria ofrece un total de 35 cursos, dos cales se impartirán 25 baixo a modalidade presencial e 10 baixo a modalidade en liña (3 do Celga 1 e 7 do Celga 4, destinados tanto a persoas con residencia en Galicia coma no exterior). O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día 7 de febreiro ata o 26 de febreiro. 

No caso dos 10 cursos de teleformación a inscrición debe facerse exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo web https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED104B, no que tamén estarán a disposición da cidadanía os formularios de solicitude dos cursos presenciais.

As localidades de realización destes últimos, susceptibles de modificacións en función da demanda efectiva, serán A Coruña, A Estrada, Betanzos, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lugo, Marín, O Carballiño, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sarria, Vigo e Vilagarcía de Arousa. As datas de desenvolvemento serán, simultaneamente, do 3 de abril ao 23 ou 24 de maio. Os cursos son gratuítos.
No seguinte enderezo http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0246/cursos-preparatorios-das-probas-celga-1-2-3-4, pódese atopar toda a información sobre os cursos.