Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS (exercicio 2017)

Martes, 04 de setembro de 2018

[04-09-2018] O Concello de Ames aprobou a convocatoria de axudas para sufragar as actividades levadas a cabo polas ANPAS durante o exercicio 2017. Para este fin destínase un total de 20.000 euros. Poderán optar a estas subvencións as ANPAS existentes nos centros educativos de titularidade pública do Concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, sempre e cando os datos da inscrición estean debidamente actualizados ao momento de solicitar a achega. Os conceptos subvencionables son os de viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas e mailo de mobiliario e material didáctico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude destas axudas.

As axudas aos centros públicos de máis de 500 alumnas/os, non poderán superar os 3.000€; as axudas aos centros entre as 150 e as 500 alumnas/os terán un máximo de 2.000€ por centro; e por último, aquelas que recaian nos centros públicos de menos de 150 alumnas/os, non poderán superar os 750€.

As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Ames ou en calquera outro rexistro público. O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes a contar dende o día seguinte á publicación do extracto desta convocatoria no BOP.

Debido a que o anuncio no BOP saíu publicado este luns 3 de setembro, as solicitudes xa se poden presentar dende esta martes 4 de setembro. As solicitudes deberán achegarse nos modelos normalizados correspondentes, que poden obterse nas dependencias do departamento de Educación. Tamén se poden descargar a túa dereita, baixo o epígrafe de descargas. En caso de solicitar axudas para varias actividades, deberá encherse un modelo de solicitude para cada unha delas.