Pestanas principais

O Concello de Ames monta un operativo especial debido á alerta por vento e choiva

Xoves, 08 de novembro de 2018

[08-11-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, informa que ten organizado un operativo especial debido á declaración de alerta por temporal de vento e choiva. Dito operativo comeza a funcionar este xoves, 8 de novembro, a partir da tarde, e prolongarase durante toda a xornada do 9 de novembro. Para informar de calquera incidencia que haxa pódese chamar ao 112.

Prevense choivas abundantes para este venres, 9 de novembro, a partir das 09.00h, podendo chegar a acumularse 80mm en 12 horas. Estas precipitacións virán acompañadas de fortes ventos a partir das 12.00h, con refachos de máis de 70km/h no interior da provincia da Coruña. Por este motivo, o Concello de Ames ten programado un operativo especial a partir desta tarde, que se prolongará durante toda a xornada do 9 de novembro.

No operativo participarán operarios da brigada municipal de obras e membros da Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames, que estarán de garda ao longo da noite para poder atender os diferentes problemas que poidan xurdir polo mal tempo. A empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza, colaborará no operativo en caso de que sexa necesario.

Ante este aviso de temporal, dende o Concello aconséllase estremar as precaucións nas viaxes e desprazamentos por estrada. Ademais, tamén se deben asegurar aqueles obxectos que penduren de fiestras ou balcóns e que poidan desprenderse por causa do vento.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Noche en vela en el operativo especial"