[25-02-2019] Este pasado sábado inaugurouse a nova área de estacionamento para autocaravanas do Milladoiro. Este novo espazo ofrece maior capacidade que a antiga área, situada no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, así como unha zona de estacionamento reservada e tomas de auga e espazos habilitados para o baleirado de augas fecais. No acto de inauguración estiveron máis dun cento de autocaravanas, que pasaron todo o fin de semana no Milladoiro. En dito acto estiveron o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Isabel González, o presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Manuel Fernández, así como outros membros do goberno e da Corporación municipal.
Concentración de autocaravanas no Milladoiro
Con motivo deste acto a AGA, en colaboración co Concello de Ames, organizou ao longo da fin de semana varias actividades, como unha comida de convivencia o sábado ou unha etapa do Camiño de Santiago o domingo, cun percorrido de 6,2 quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas. A Asociación Galega de Autocaravanas foi creada no ano 2006. No acto do sábado anunciaron que chegaron aos 900 socios e socias. É unha das asociacións con maior número de socios/as a nivel nacional e a máis activa en canto a organización de concentracións e actividades.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Isabel González, destacou que “dende a creación das áreas de autocaravanas o Concello de Ames sempre tivo moi boa relación coa Asociación Galega de Autocaravanas e colaborou activamente con esta entidade en diversos proxectos e confía en que se continúe nesta liña de cara ao futuro”.
Ames, primeiro concello galego con dúas áreas de autocaravanas
Ames foi o segundo concello galego, despois de Tui, en crear as súas áreas de autocaravanas, e o primeiro en toda Galicia en dispor de dous espazos destinados a estes vehículos. Ditas áreas foron creadas no ano 2004.
Así, no Milladoiro contábase cunha área deste tipo no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, que agora foi trasladada ao aparcadoiro da rúa Buxo, fronte da Escola de educación infantil do Milladoiro, onde se dotou dunha zona de estacionamento exclusiva, así como tomas de auga e espazos para o baleirado de augas fecais.
No tocante a Bertamiráns, a área de autocaravanas está situada no aparcamento da rúa Pesqueiras, que está en fronte ao supermercado Carrefour. Neste caso dende o goberno municipal están barrallando varias opcións para trasladar esta área a outra ubicación.
Este sábado, 23 de febreiro, o Concello de Ames inaugurou a nova Área de Autocaravanas do Milladoiro, situada no espazo habilitado para tal fin na Rúa Buxo, fronte á escola infantil. Este novo espazo ofrece maior capacidade que a antiga área, situada no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, así como unha zona de estacionamento reservada e tomas de auga e espazos habilitados para o baleirado de augas fecais.
A dito acto asistiron o alcalde de Ames, José Miñones, e Isabel González, concelleira de Promoción Económica e Turismo, o presidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Manuel Fernández, así como outros membros do goberno e da Corporación municipal. Durante toda a fin de semana máis de 250 autocaravanistas pasaron por esta nova área. O goberno municipal fíxolle entrega ao presidente da AGA de varios agasallos institucionais do Concello de Ames, mentres que por parte da asociación entregóuselles ao alcalde e a concelleira un distintivo da propia entidade.
O alcalde de Ames, José Miñones, explicou que “dende o Concello decidimos cambiar á área de estacionamento das autocaravanas porque foron os propios autocaravanistas os que comezaron a estacionar no aparcamento que está situado entre as rúas Agriños e Muíño Vello. Agora estamos traballando nun proxecto para modificar o lugar de estacionamento das autocaravanas en Bertamiráns, que actualmente está situada no aparcadoiro da rúa Pesqueiras, en fronte ao supermercado Carrefour”. Miñones rematou dicindo que “no ano 2004 Ames foi primeiro concello galego en dispoñer de dúas áreas municipais para autocaravanas. Cremos que chegou o momento de asumir o reto de crear unha terceira área”.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Ames tiene dos nuevas áreas para las autocaravanas en Milladoiro y Lapido"