O Concello de Ames e o Real Aeroclub de Santiago organizan a primeira edición do Trofeo de Tenis Concello de Ames, que terá lugar do luns 15 ao domingo 21 de abril. O torneo estará dividido nas modalidades federada e open non competitivo. Na federada poderán participar persoas que posúan a licenza competitiva do 2019, nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, absoluto, veteranos + 35 e veteranos +50; mentres que o open irá dirixido a nenos/as de 6 a 10 anos e estará dividido nas categorías mini-tenis, 3/4 pista e pista completa. O prazo para inscribirse remata o vindeiro xoves 11 de abril. O custo de inscrición para participar nunha categoría é de 12 euros para adultos e 6 euros para menores, mentres que para inscribirse en ambas categorías é de 20 euros para adultos e 10 para nenos/as.
As instalacións do Real Aeroclub de Santiago, situadas en Ames, acollen a primeira edición do Trofeo de Tenis Concello de Ames entre os días 15 e 21 de abril. O evento, que se rexerá polas normas REFT, estará dividido nas modalidades federadas e open-non competitivo. A federada dividirase nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, absoluto, veteranos + 35 e veteranos +50 sempre que haxa un mínimo de oito participantes en cada unha delas. Á súa vez, cada grupo englobará as subcategorías individual, masculina e feminina.
Asemade, as categorías cadete, absoluto e veteranos + 35 disputaranse ao mellor de tres sets con tie-break en todos eles nas fases finais. As fases previas poderán marcarse con super tie break no terceiro, seguindo o criterio de la organización. No tocante ás categorías alevín, infantil e veteranos +50, estas disputaránse ao mellor de tres sets con super tie break no terceiro. A categoría benxamín consistirá en sets cortos, a 4 xogos, con tie break no 4-4 e super tie break no terceiro set.
Por outra banda, a modalidade open estará dividida entre as categorías mini-tenis, 3/4 pista e pista completa, nas que poderán competir nenos e nenas de 6 a 10 anos. Estas categorías seguirán un sistema non competitivo con partidos por tempo. Está previsto que se desenvolva o domingo 21 de abril. En xeral, en pista os e as xogadoras deberán vestir roupa reglamentaria seguir o Código de Conduta no seu comportamento. Todas as cuestións que se susciten serán resoltas ou ben polo Xuíz Árbitro, ou polos adxuntos que él nomee.
As persoas que obteñan o primeiro e segundo posto das categorías federadas recibirán un trofeo, mentres que os e as participantes na modalidade open obterán unha medalla para conmemorar o seu paso polo torneo.
Horarios e inscrición
Os horarios poderán consultarse na páxina web do club, (www.aerosantiago.es), e na plataforma DobleRed (www.doblered.net). O xuíz árbitro poderá aplicar W.O. a todo xogador que no se presente a xogar 15 minutos despois da hora oficial sinalada para o seu partido.
A inscrición para participar neste I Trofeo de Tenis Concello de Ames estará aberta ata o xoves 11 de abril ás 23.59h. Para anotarse na modalidade federada é necesario estar en posesión da licencia competitiva do ano en curso, e a inscrición debe realizarse a través da páxina www.doblered.net. Os e as interesadas en inscribirse na modalidade non competitiva poden facelo na propia recepción do Aeroclub ou mediante o teléfono 981 888 276.
O custo de inscrición para participar nunha categoría é de 12 euros para adultos e 6 euros para menores, mentres que para inscribirse en ambas categorías é de 20 euros para adultos e 10 para nenos/as. Aos socios do Aeroclub aplicaráselles un 20% de desconto. O pago formaliza