Pestanas principais

Master class de squash na nova pista de squash Borja Golán

Sábado, 23 de marzo de 2019

Este venres, 22 de marzo, a Concellaría de Deportes organizou un acto público no anexo do pavillón polideportivo de Bertamiráns para promocionar o deporte do squash na nova pista de squash "Borja Golán Santín". A actividade consistiu nun partido demostración que disputaron o propio Borja Golán (profesional do squash desde 2002, bicampión de Europa e dezaseis veces campión de España), Arón Astray Gómez (medalla de bronce no campionato europeo de seleccións nacionais sub-17 no 2018) e Pascal Gómez Valois (campión galego absoluto no 2016). Tras este partido de demostración, Borja Golán impartiu unha pequena master class a un grupo de alumnos/as.

Este venres, 22 de marzo, o pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns acolleu unha actividade de promoción do deporte do squash na nova pista de squash "Borja Golán Santín".

A actividade consistiu nun partido demostración que disputaron o propio Borja Golán (profesional do squash desde 2002, bicampión de Europa e dezaseis veces campión de España), Arón Astray Gómez (medalla de bronce no campionato europeo de seleccións nacionais sub-17 no 2018) e Pascal Gómez Valois (campión galego absoluto no 2016). Tras este partido de demostración, Borja Golán impartiu unha pequena master class a un grupo de alumnos/as.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, aposta polo fomento do squash entre a mocidade amesá. Para elo, construíuse un anexo ao pavillón de Bertamiráns, que conta cun novo ximnasio e unha pista de squash cuberta. Este proxecto foi adxudicado por un importe de 97.795,32 euros (IVE incluído).

Por outra banda, este curso dentro das Escolas deportivas municipais incluíuse a actividade de squash (dentro do apartado de Formación deportiva).

Por primeira vez, tanto nenos/as como adultos poden asistir a clases de squash grazas a pista que se construíu no pavillón polideportivo de Bertamiráns. Trátase da primeira pista municipal onde se pode practicar esta modalidade deportiva. Coa construción desta instalación preténdese promocionar este deporte dentro da área de influencia de Bertamiráns, despois do acordo adoptado coa Federación Galega de Squash.

A master class e o partido de exhibición do día de onte é unha das actividades programadas que buscan o fomento deste deporte e en colaboración coa Federación Galega de squash e os deportistas referentes deste deporte que residen en Ames, como son Borja Golán, a promesa Arón Astray e Pascal Gómez.

Ligazóns

Master class de squash na nova pista de squash Borja Golán

Multimedia

  • Master class de squash na nova pista de squash Borja Golán
  • Master class de squash na nova pista de squash Borja Golán