Dan resposta aos veciños e veciñas de Ames á solicitude de información e orientación para o acceso aos recursos sociais e de apoio económico aos que se poida ter dereito a fin de atopar solucións ás distintas problemáticas persoais ou familiares.
Servizos de información e primeira atención
- Axudas económicas para necesidades básicas, para mulleres vítimas de maltrato, emerxencias familiares ou persoais.
- Xestión de ingresos mínimos para persoas sen recursos ou que non poden traballar.
- Servizos para a autonomía persoal e atención á dependencia.
- Servizos específicos para persoas con discapacidade.
- Primeira acollida a persoas migrantres.
- Recursos de saúde e de apoio psicolóxico...
- Servizos de apoio no fogar en situacións de falla de autonomía persoal: axuda a domicilio, axudas técnicas, teleasistencia domiciliaria, transporte adaptado, comedor e lavandaría sobre rodas.
- Servizos para persoas drogodependentes, alcohólicos, ludópatas...
- Servizos para a integración de menores e adolescentes.
- Servizos para a conciliación da vida familiar e laboral.
- Servizos para a formación básica de persoas adultas.
- Servizos de asesoramento xurídico: tutela, acollemento ou adopción, herdanzas, desafiuzamentos, divorcios...
- Servizos de acompañamento ao emprego para persoas con especiais dificultades.
- Servizos de orientación e mediación para a resolución de conflitos.
- Programas de dinamización social e de lecer para as persoas maiores
- Alternativas de aloxamento: vivenda tránsito, Programa vivendas Baleiras, servizo de dereito a vivenda, residencias para persoas maiores e para persoas con discapacidades, casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero, acollementos en familias para nenos e nenas, persoas maiores ou con discapacidade.
- Servizos de voluntariado social.
Servizo de Atención ao Migrante (SAMI)
- Primeira acollida a persoas migrantres.
- Proporcionar información, orientación e asesoramento ao migrante.
- Organización de actividades: cursos de competencias lingüística, reforzo de integración, encontros interculturais...
Servizo de asesoramento xurídico
Ofrécese a posibilidade á persoa usuaria de consulta sobre aspectos xurídicos directamente cun profesional. Exclúese desta atención a defensa xurídica.
- Dereito de Familia: Menores, incapacitacións e acollementos, separacións, divorcios e modificacións de medidas...
- Dereito penal: malos tratos, asuntos penitenciarios e informes de cumprimento substitutorio de penas, recursos penais...
- Dereito laboral: prestacións, despidos e sancións, incentivos e contratación...
- Dereito administrativo: supervisión convenios de entidades asociativas municipais, infraccións e sancións administrativas, procedemento administrativo xeral...
- Dereito civil: sucesións e herdanzas, vivenda: arrendamentos, alugueiros e desafiuzamentos...
- Estranxeiría: permisos de residencia e traballo, reagrupacións familiares e nacionalidade, recursos e denegacións de permisos, convalidación de titulacións.