Sábado, 29 xuño, 2019
Ás 23.00h
- Tipo
- Tematica
O grupo de folk celta Milladoiro actúa nas Festas de San Pedro de Bugallido este sábado, 29 de xuño. A partir das 23.00h, os seis compoñentes deste mítico grupo musical farán un percorrido por algúns dos seus temas máis coñecidos, extraídos dunha extensa discografía composta por máis dunha vintena de traballos.