Pestanas principais

>Andaina saudable

Venres, 6 setembro, 2019
Ás 18.00 horas

As Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente do Concello de Ames organizan o vindeiro venres, 6 de setembro, unha andaina saudable polo último tramo do Camiño Portugués. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse antes das 14.00 horas do xoves 5 de setembro enviando un correo electrónico ao enderezo servizos_sociaisberta@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 981 890 964. Para participar nesta actividade que é de balde ofértanse 50 prazas.

O Concello de Ames organiza para o venres, 6 de setembro, pola tarde, unha nova andaina saudable. Nesta ocasión será polo último tramo do Camiño Portugués. Saírase ás 18.00h dende a Casa da Cultura do Milladoiro. A chegada está prevista arredor das 19.30 á praza do Obradoiro. Haberá servizo gratuíto de autobús. Ás 17.30h achegará ás persoas que o desexen dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ata o punto de inicio da andaina, no Milladoiro. Ao remate da ruta, arredor das 20.45h traerá de volta aos participantes, pasando polo Milladoiro e por Bertamiráns.

Durante a ruta, que terá unha duración aproximada de hora e media, unha guía acompañará aos/ás participantes. Unha vez rematada a andaina, de 20.00 a 20.30 horas, está previsto que haxa unha actividade de mindfulness con Biodanza na praza do Obradoiro. Esta actividade que é de balde está dirixida a persoas de 12 anos en diante.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa SaúdeAndo, a través do cal tamén se organizaron as andainas polo Rego da Andoriña en maio e pola ruta do Tambre no mes de xullo, así como as rutas urbanas con saída e chegada dende os centros de saúde de Bertamiráns e O Milladoiro que se desenvolven de marzo a decembro. O obxectivo desta actividade é animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.