Pestanas principais

As aulas de informática de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a realización de diferentes obradoiros de competencias dixitais para mulleres

Mércores, 25 de setembro de 2019

A asociación Otro Tiempo achegará a Ames a realización duns obradoiros de competencias dixitais para mulleres, que se desenvolverán en Bertamiráns, do 30 de setembro ao 10 de outubro, e no Milladoiro, do 21 ao 31 de outubro. En ambos casos, o horario será de 09:30 a 13:30 horas. Os obradoiros buscan ofrecer a posibilidade de que as participantes reforcen as súas competencias a nivel dixital para facilitar o proceso de búsqueda de emprego. Asemade, desenvolverase un traballo de empoderamento persoal e profesional de mulleres rurais e acompañarase ás mulleres no seu proceso de saída do aillamento social. Os cursos son de balde e pódense facer as inscricións cubrindo a ficha que atoparás ao remate desta nova e remitíndoa ao enderezo electrónico cim@concellodeames.gal. Para calquera dúbida ou máis información, pódese chamar ao número de teléfono 699080821. Este proxecto está co-financiado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e a  Fundación bancaria La Caixa, e conta coa colaboración do Centro de Información á Muller do Concello de Ames.

Baixo o título “Manexa as novas tecnoloxías e a comunicación para a túa autonomía”, as aulas de informática das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a realización de catro obradoiros de competencias dixitais dirixidos a mulleres. Partindo das ferramentas que facilitan as novas tecnoloxías, os obradoiros buscan o emprendemento laboral mediante a posta en marcha de estratexias para atopar emprego ou de desenvolvemento dos seus propios emprendementos. Nos diferentes cursos traballarase con dinámicas que promoven un proceso de empoderamento persoal que facilita o proceso de búsqueda de emprego, xa que da espazo á subxectividade das participantes e á introdución das claves que aparecen no proceso: falar en público, presentar unha traxectoria profesional ou un proxecto de emprendemento, linguaxe non verbal nunha entrevista de traballo, etc.

O principal obxectivo do programa é contribuír ao empoderamento social e económico das mulleres en situación de vulnerabilidade social, para que participen plenamente na vida social, económica e cultural. Así, os obradoiros pretenden fomentar a redución da brecha dixital, facilitar o acceso das mulleres ás novas tecnoloxías como ferramenta de inserción socio-laboral, promover o autoemprego e construír alianzas e redes solidarias para o intercambio de recursos socio-laborais.

Obradoiros
O programa contempla a realización de catro obradoiros. O primeiro, que leva por título “Coñécete, valora as túas competencias”, servirá para que as mulleres participantes identifiquen as súas capacidades, os medios e o camiño para conseguir ser a dona das súas eleccións vitais. Definiranse os obxectivos personais e profesionais e aprenderase a elaborar un CV por competencias.

O segundo dos obradoiros, “Receitas dixitais para acadar os teus obxectivos”, buscará vencer ás resistencias tecnolóxicas aprendendo xuntas a usar diferentes ferramentas online para atopar traballo e/ou poñer en marcha un plan de autoemprego: TIC imprescindibles, webs, apps e redes sociais, recursos de búsqueda de emprego, como elaborar un currículum creativo, plataformas para dar a coñecer un proxecto de autoemprego e estratexias para ampliar a rede de contactos.

O obradoiro “Máis que palabras, aprópiate da comunicación” servirá para adestrar xuntas habilidades de comunicación necesarias en momentos vitais importantes nos que resolver conflictos, falar en público con seguridade, encarar unha entrevista laboral ou contar un proxecto de emprendemiento. Utilizarase o vídeo para tomar conciencia das dificultades e adestrar recursos e fortalezas.

Por último, no obradoiro “Iniciativas inspiradoras, proxectos liderados por mulleres” coñeceranse diferentes opcións para a formación e a autonomía económica, profundizando nas posibilidades que ofrece la economía social e solidaria para a incorporación ao mercado laboral con proxectos que priorizan as necesidades das persoase a posta en marcha de proxectos de emprendemento colectivo.

Inscricións
A participación nos obradoiros é de balde e pódense facer as inscricións cubrindo a ficha que atoparás ao remate desta nova e remitíndoa ao enderezo electrónico cim@concellodeames.gal. Para calquera dúbida ou máis información, pódese chamar ao número de teléfono 699080821. Os obradoiros desenvolveranse na Aula CeMIT, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, do 30 de setembro ao 10 de outubro, e na Aula de Informática do Milladoiro, na Casa da Cultura desta localidade, do 21 ao 31 de outubro. En ambos casos, o horario será de 09:30 a 13:30 horas.

Novas relacionadas:

Compostela24h: "As aulas de informática de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán obradoiros de competencias dixitais para mulleres"

Obradoiros para as mulleres

Multimedia

  • Obradoiro Mulleres Bertamiráns
  • Obradoiro Mulleres MIlladoiro