Pestanas principais

Acción Contra a Fame abre o prazo de inscrición para Emprende Innova Comparte Galicia

Xoves, 03 de outubro de 2019

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, colabora coa organización Acción contra a Fame, na organización do evento Emprende Innova Comparte en Galicia, que se celebrará o vindeiro xoves, 10 de outubro, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Haberá talleres participativos, networking e un concurso final onde se poderá obter premios valorados en 2.800 euros que che axudarán a posicionar a túa futura empresa. Para obter máis información e inscribirse hai que acceder á páxina web www.emprendeinnovacomparte.org/galicia

A organización Acción contra a Fame lanza o evento Emprende Innova Comparte Galicia, que se celebrará o vindeiro xoves, 10 de outubro, na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Se estás pensando en emprender e queres saber onde e como comunicar o teu proxecto para ter éxito, non perdas esta oportunidade. A través dunha serie de talleres e espazos, créase un punto de contacto entre empresas, persoas con proxectos a poñer en marcha e provedores, co fin de orixinar un marco de capacitación e impulso de novos proxectos.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, xunto co Axente de Desenvolvemento Local, Jorge Couñago, asistirán a esta xornada. O Concello de Ames, xunto a outras empresas e institucións, colabora nesta iniciativa. Haberá talleres participativos, networking e un concurso final onde se poderá obter premios valorados en 2.800 euros que che axudarán a posicionar a túa futura empresa. Para obter máis información e inscribirse hai que acceder á páxina web www.emprendeinnovacomparte.org/galicia

A iniciativa #EmprendeInnovaComparte celebra a súa primeira edición en Galicia. Este evento está dirixido a persoas que están en situación de desemprego e interesadas  en emprender, así como a participantes do programa Vives Emprende Galicia 2019. Nesta xornadas os/as participantes poderán aprender a comunicar e vender o seu proxecto a través de talleres participativos e lúdicos; participar nun concurso que premiará as tres mellores ideas de negocio; compartir experiencias con outras persoas emprendedoras e facer networking para mellorar a súa rede de contactos, provedores, clientela, financiadores...

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, anima a todos os veciños e veciñas de Ames interesados/as en emprender un novo negocio “a inscribirse nesta iniciativa, posta en marcha por primeira vez en Galicia, por Acción contra a Fame. Este evento únese ao programa de obradoiros do Vives Emprende que se desenvolveu no Centro de formación de Aldea Nova do 25 de setembro ata hoxe 3 de outubro”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Foro para emprendedores con Acción contra a Fame y Ayuntamiento de Ames"

Acción Contra a Fame abre o prazo de inscrición para Emprende Innova Comparte Galicia