- Tematica
A Asociación Europea de Economía e Competitividade concedeu á empresa tecnolóxica amesá Tecalis o Premio Europeo á Xestión e Innovación Empresarial 2019. A distinción recoñece ás empresas máis representativas que apostan pola busca de novas fórmulas de innovación empresarial. Ademais a empresa, que naceu no ano 2011, foi posta fai uns meses no lugar 145 das 1.000 empresas que máis crecen en Europa.
O Premio Europeo á Xestión e Innovación Empresarial vén a colmar un ano repleto de galardóns, premios e recoñecementos que foron recibidos pola empresa Tecalis e o seu triunfante modelo empresarial baseado na innovación tecnolóxica e na Excelencia Empresarial, que colocaron a Tecalis no mapa innovador tecnolóxico mundial.
Unha empresa referente en innovación tecnolóxica
Tecalis, que nace no ano 2011, é unha empresa con sede no parque empresarial do Milladoiro que desenvolve proxectos tecnolóxicos rompedores como os que se desenvolven nos focos tecnolóxicos máis importantes do mundo. Son, por exemplo, o Big Data e a intelixencia artificial, ciberseguridade, blockchain ou as apps. Fano para grandes corporacións de todo o territorio nacional e internacional, ademais de para diferentes sectores como poden ser as telecomunicacións, a enerxía ou a enxeñaría entre outros.
A empresa conta con acordos de colaboración coa Universidade Santiago de Compostela e a Universidade de A Coruña. Asemade, é un dos patróns fundadores da Fundación Centro de Investigación en Tecnologías de la Información (CITIC) e nas Comunicaciones de Galicia (FCITICG).
Cómpre engadir que é a primeira e única tecnolóxica galega presente nos eventos europeos de renome sobre a tecnoloxía blockchain (Blockshow Berlín e Blockchain World Summit Londres), ademais de ser colaboradora oficial do Mobile World Congress (tanto en Barcelona como nos Ánxeles). De feito, no evento celebrado en febreiro deste ano presentou un kiosko dixital capaz de identificar de maneira remota ás persoas.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belen Paz, indica que “para o concello de Ames é un orgullo que empresas como Tecalis teñan a súa sede no polígono industrial do Milladoiro. Isto é unha mostra do gran tecido empresarial que temos neste parque empresarial e que debemos de coidar. Dende o Concello de Ames dámoslle os parabéns a Tecalis por este novo premio e animámolos a que sigan traballando nesta liña porque de seguro que iso repercutirá en que teñan novas distincións”.
Apostando por un modelo de negocio diferente
Dende os seus inicios, Tecalis apostou por crear o seu propio modelo de negocio completamente innovador. O propósito deste é obter a felicidade e benestar dos seus traballadores, co fin de mellorar a produción e a calidade dos proxectos. Este feito, levou á empresa a triplicar a súa produtividade e rendemento, xa que aumentou os niveles de comunicación, implicación e fidelidade do talento que conforma o seu cadro de persoal.
Así, aposta por un modelo de negocio inspirado nas grandes tecnolóxicas como Silicon Valley ou Silicon Beach, pero adaptado ó seu mercado local e as súas necesidades concretas.
As súas oficinas son healthy, well e con un deseño workplace innovation, con zonas de xogo, ocio ou ferramentas deportivas. Ademais posúe a denominación de Empresa Saludable, onde os empregados desfrutan dun área gratuíta de refrixerado diario, así como un carriño gratuíto con froita para consumir diariamente. Todo en Tecalis está deseñado para o benestar do seu talento: soldo emocional, conciliación familiar, horario flexible, áreas personalizadas con deseños temáticos, etc.
Por si todo isto fose pouco, foi a primeira empresa galega en incorporarse ó Cluster Tic Galicia da man dunha muller como representante, un feito histórico no sector.